Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  Assessment of Speech Therapy Intervention Programmes
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición por parte do profesor/a dos contidos, ben na aula asignada ao grupo-clase, ou noutra aula dotada de deteminados apoyos didácticos.
Document analysis Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Oral presentation Presentación dos traballos reallizados na clase
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Supervised projects O alumnado realizará un traballo práctico, no cal fará unha búsqueda bibliográfica e información sobre programas de intervención logopédica. Unha vez analizados elixirá un deles para o cal deseñará a avaliación do mesmo. Deseñará ademais os instrumentos para a recollida da información, así como o tratamento que fará da mesma e fará unha proposta de informe final. Este traballo será realizado en grupo de como máximo tres alumnos/as.
(Se fose factible, dito traballo desenvolverase nun entorno real).
Objective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes