Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  A voz profesional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A12 A13 C7 Valora os coñecementos adquiridos sobre a materia. Tipo test de resposta única. 50
Traballos tutelados A13 A15 A28 A29 B1 B5 B10 B11 B12 B14 B15 B17 B18 B19 B23 B24 C1 C2 C3 Valora a capacidade de elaboración de material de intervención acorde cos fundamentos prácticos da materia
50
 
Observacións avaliación

Para
superar a materia é necesario obter un 5 sobre 10 na Proba obxectiva-Exame, non
puntuando o Traballo Tutelado se a Proba obxectiva-Exame non está superada.

A
asistencia ás clases interactivas é primordial para poder levar a cabo
devandito traballo tutelado. Caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá poñerse ao
día coa progresión das clases e integrarse nalgún dos grupos de traballo do
alumnado que asiste con regularidade a clase. Será avaliado cos mesmos
criterios que o resto de alumnado.

ESPECIFICACIÓNS
ADICIONAIS:

1.Aplicaranse
os mesmos criterios avaliadores á convocatoria de Julio que á de Xaneiro.

2.O
Traballo Tutelado será entregado na mesma data por parte do todo o alumnado,
caso de non entrega, non puntúa.

3.A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, implicará
directamente a cualificación de suspenso con nota numérica 0 (seguindo o artigo
11, apartado 4b do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC)

4.O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, será avaliado cos mesmos criterios que o resto do
alumnado, tal e como se especifica anteriormente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes