Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Introdución á lingua de signos española
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa O ensino e aprendizaxe da LSE desenvolverase nas sesións interactivas a partir do traballo en grupo e da interacción en LSE tanto cos compañeiros como coa docente responsable da materia. Proporánse diferentes tarefas e actividades desde un enfoque principalmente comunicativo (contextos de uso, dramatizacións, diálogos, xogos de rol, etc.) para poñer en práctica os contidos funcionais programados: dar ou pedir información persoal ou profesional, expresar estados de ánimos e preferencias.
Prácticas a través de TIC A través das TIC realizaránse diferentes tarefas e actividades para facilitar o ensino, aprendizaxe e avaliación dos contidos programados, tanto a nivel teórico como práctico: cuestionarios, vídeos e xogos interactivos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Na medida do posible, facilitarase a participación do alumnado en eventos científicos ou divulgativos sobre este eido de coñecemento. De non ser posible a asistencia, ben en persoa ou de xeito virtual, facilitarase o acceso as grabacións dispoñibles de eventos similares organizados desde outras institucións académicas.
Portafolios do alumno A elaboración dunha carpeta ou dossier individualizado debidamente organizado e estructurado facilta a reflexión sobre o proceso formativo, ademáis de servir como rexistro dos contidos traballados. A través do seu portafolio o alumnado realizará unha autoavaliación do proceso formativo polo que incorporará os materiais que considere oportunos entre todos os produtos finais das tarefas e actividades realizadas: prácticas, lecturas, revisións, etc. Entre o material seleccionado poderá incorporar os comentarios ou avaliacións oportunas realizadas por parte do profesorado ou compañeiros.
Análise de fontes documentais As sesións expositivas desenvolveranse a partir da análise tanto de lecturas como de fontes documentais que complementan os contidos tratados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes