Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  Introduction to Spanish Sign Language
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
ICT practicals A32 B12 B13 B14 B23 C2 C3 As tarefas e actividades propostas permitirán a avaliación continua dos progresos de cada aprendiz na consecución tanto dos contidos teóricos como prácticos programados. Concretamente, no que respecta aos contidos traballados nas sesións interactivas, o alumnado debe realizar prácticas diferenciadas de acordo ás tres destrezas traballadas: expresión, comprensión e interacción. As destrezas de expresión e comprensión serán avaliadas cun 20%, respectivamente, e a de interación cun 15%. A entrega en prazo e forma oportunas de todas as prácticas suporá un 5% da cualificación total da materia. 60
Student portfolio A26 A28 A29 A31 B2 B3 B4 C4 C6 C7 A carpeta ou dossier individualizado do alumnado servirá como mostra ou evidencia das aprendizaxes acadadas na materia. De acordo as indicacións efectuadas na rúbrica de avaliación que será entregada ao inicio da materia, o portafolio que realizará cada aprendiz facilitará a avaliación continua do proceso de ensino e aprendizaxe, é dicir, que permitirá tanto a autoavaliación por parte do alumnado como a avaliación formativa por parte do profesorado. O feito de ter que presentar o portafolio ao remate da materia non implica, polo tanto, que a sua finalidade se limite a avaliación sumativa ou final (30%). 30
Document analysis A30 A23 A20 A17 A14 A10 A7 A6 A5 A4 A3 A2 C3 A revisión e análise das lecturas e fontes documentais propostas como introdución ou complemento ás sesións expositivas avaliaranse a través das reflexións e evidencias presentadas no portafolio do alumnado. A entrega en prazo e forma oportunas de todos os comentarios, informes, actividades, etc. que se realicen sobre as fontes documentais suporá un 10% da cualificación total da materia. 10
 
Assessment comments

OPCIÓN A: Alumnado con dedicación completa (asistencia/participación nas actividades lectivas igual ou superior ao 85%)

a) Sesións interactivas (presenciais): Elaboración e presentación das prácticas a través das TIC (60%).

b) Sesións expositivas (non presenciais): Revisión e análise de fontes documentais (10%)

c) Titorias individuais/grupais: Elaboración e presentación dun portafolio (30%), 

OPCIÓN B: Alumnado con dispensa académica (recoñecemento da condición de estudante a tempo parcial, previa solicitude ó Decanato) 

Tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), o alumnado que ten recoñecida a condición de estudante a tempo parcial terá que asistir ás titorías que así se estipulen de acordo a súa dispoñibilidade para concretar a metodoloxía de avaliación e os porcentaxes correspondentes, fundamentalmente no que respecta a destreza de interacción en LSE. En todo caso, malia que o traballo se realice dun xeito individual, deberá realizar as mesmas tarefas que os compañeiros (prácticas, portafolio e análise documental). 

ESPECIFICACIÓNS ADICIONAIS:

1.Para superar a materia debe obterse unha cualificación positiva en cada unha das metodoloxías propostas: é necesario obter unha puntuación do 50% en cada unha das partes obxecto de avaliación. 

a) Prácticas a través das TIC (mín. 30%). Do mesmo xeito é preciso obter unha cualificación mínima do 50% en cada unha das destrezas comunicativas: puntuación mínima do 10% en expresión e comprensión de LSE, respectivamente, e do 7.5% na interación en LSE.

b) Portafolio (mín. 15%)

2. A data límite de entrega das tarefas e actividades propostas tanto para as prácticas a través das TIC como para a análise das fontes documentais será o ultimo día lectivo (1C para a convocatoria ordinaria e 2C para a extraordinaria). É obrigatorio entregalas todas e a súa cualificación será proporcional á data de entrega. 

3. A data límite de entrega do portafolio será a data oficial do exame, tanto na convocatoria ordinaria como extraordinaria. 

4. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 

5. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) non entregue o portafolio nin as prácticas a través das TIC. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes