Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Sociolingüística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas B5 C4 C8 Cada estudante deberá entregar un traballo por cada texto lido de entre os 6 obrigatorios, onde incluirá unha reflexión crítica sobre os seus contidos e as achegas persoais que lle produciu. 30
Presentación oral A3 A20 B10 B17 C1 Cada estudante terá que expor na aula un apartado do programa previamente acordado coa persoa docente, demostrando ter unha lingua de calidade acaída ao contexto comunicativo de que se trata. 35
Estudo de casos A3 A20 B5 B10 C1 C4 Tras as explicacións da persoa docente presentaranse problemas para seren solucionados, quer oralmente quer por escrito, razoando as respostas xustificadamente e con criterios rigorosos. 35
 
Observacións avaliación

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final do traballo se este for entregado fóra de prazo sen
causa xustificada.

Os/as estudantes que non superaren a materia ou que non
cumpriren co 50% das actividades obrigatorias exixidas ao longo do cuadrimestre
deberán realizar na convocatoria de xullo unha proba de carácter oral e
escrito.

Considerarase non presentado na materia quen non realizar
a proba escrita e/ou quen non cumprir coas actividades obrigatorias
propostas pola persoa docente.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co/coa
profesor/a.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes