Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Sociolingüística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas B5 C4 C8 Para cada lectura obrigatoria será proposta a realización dunha actividade asociada (recensión, traballo breve, preparación de debate, entre outras), na cal será valorada especialmente a reflexión crítica sobre os contidos e sobre a aprendizaxe persoal. 30
Presentación oral A3 A20 B10 B17 C1 Cada estudante realizará unha exposición na aula sobre un aspecto do programa previamente acordado coa persoa docente, que apoiará e supervisará a o proceso de preparación. Para alén da clareza expositiva e da reflexión crítica, será valorada a calidade lingüística e a adecuación ao contexto comunicativo. 35
Estudo de casos A3 A20 B5 B10 C1 C4 Tras as explicacións da persoa docente presentaranse problemas para seren solucionados, quer oralmente quer por escrito, razoando as respostas xustificadamente e con criterios rigorosos. 25
Discusión dirixida A3 B17 C1 C4 En sesións presenciais concretas ou ben a través dos foros de Moodle, serán propostas cuestións para a discusión colectiva e colaborativa. Será avaliada a pertinencia das intervencións, a calidade dos razoamentos e dos criterios de análise usados, así como a relación cos contidos das sesións maxistrais, das lecturas ou dos estudos de caso. 10
 
Observacións avaliación

As actividades sobre as lecturas e a presentación oral teñen carácter obrigatorio. Considerarase non presentado quen non entregar ou non realizar a presentación oral. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de calquera actividade que for entregada fóra de prazo sen causa xustificada.

Na segunda convocatoria (xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación da primeira convocatoria. Os/as estudantes que non teñan superado a materia deberán achegar os traballos que non fosen entregados na convocatoria anterior ou que non obtivesen unha cualificación do 40% da nota máxima de cada un deles. O prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado da seguinte maneira: lecturas (40%) e traballo tutelado (60%). O traballo tutelado versará sobre os mesmos temas e terá unha estrutura análoga á da presentación oral do sistema de avaliación da primeira convocatoria.

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro será avaliado co mesmo sistema previsto para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a.

En
calquera actividade avaliábel a falta de honradez académica implicará que o/a estudante sexa
cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente
do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se for necesario.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos os sexos, propiciarase a intervención na aula de alumnos de e de alumnas
etc.).

Traballarase para identificar e modificar preconceptos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para os modificar e fomentar valores de
respecto e de igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para as corrixir.

A
materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopción de medidas encamiñadas
ao apoio á diversidade consonte as indicacións da Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa cal se deberá contactar nos prazos estabelecidos
por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da orientadora ADI da
facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes