Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Asignaturas
  Psicoloxía Clínica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación oral da materia por parte da profesora (docencia expositiva), guiada por medios audiovisuais. As sesións maxistrais pretenden transmitir coñecementos xerais sobre a materia e resolver dúbidas. Terán lugar os mércores de 16:00 a 18:00 horas.
Obradoiro Os alumnos desenvolverán tarefas eminentemente prácticas (tanto na aula como na casa) sobre temas específicos, con apoio e supervisión da profesora: Estudo de casos clínicos, debate e discusión de contido específico da materia, revisión e análise de artigos científicos seleccionados pola profesora e relacionado coa materia, videos, comentarios sobre noticias actuais ...
Traballos tutelados O alumno realizará un traballo tutelado (experimental ou teórico) relacionado co programa. Independientemente do tipo de traballo seleccionado (experimental ou teórico), implicará a revisión de artigos científicos (en castelán e inglés) sobre a materia e unha avaliación crítica dos mesmos. Ademais, o traballo deben ser exposto na clase co apoio de medios audiovisuais.
Proba de resposta múltiple Os temas presentados na clase durante as clases teóricas deberán ser superados a través dunha proba que constará de 40 preguntas con 4 opcións de resposta.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes