Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Xerontoloxía
 Asignaturas
  Traballo Fin de Máster. Especialidade Clínica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O traballo consistirá na elaboración dunha investigación do campo sanitario ou sociosanitario levada a cabo polo alumnado, na que se fará especial fincapé na aplicación da devandita investigación no campo da xerontoloxía e xeriatría que debe entregarse nos prazos previstos. e co Vº Bº do director.
Análise de fontes documentais Neste apartado contémplase a realización e presentación do proxecto de TFM. Para que unha proposta de TFM se considere aceptada e o estudante poida proceder ao seu desenvolvemento e elaboración, o alumno deberá presentar, antes do remate do primeiro cuadrimestre e co Vº Bº do titor asignado, ante a Comisión Académica do Máster, unha proposta do Traballo que pretende desenvolver, que incluirá os seguintes elementos:
- Resumo, máximo mil palabras, do contido do proxecto (antecedentes, obxectivos e hipóteses da investigación, metodoloxía a empregar no Traballo).
- Esquema ou índice xeral (posible estrutura en capítulos e epígrafes principais do Traballo a realizar).
- Selección bibliográfica relacionada co tema de estudo. Polo menos o 80% dos traballos que xustifiquen o interese pola súa investigación deben ser de calidade científica, en inglés e incluídos en bases de datos bibliográficas como Medline.
- Sinatura do titor e alumno.
Unha vez que a aprobación da Comisión e do titor da proposta presentada, o alumno procederá ao desenvolvemento do traballo tutelado final.
Seminario Esta sección fai referencia as tutoriais có Director desenvolvidas ao longo do proceso de preparación do proxecto e do TFM final
Presentación oral De acordo cos prazos establecidos, os estudantes deberán facer unha presentación pública do traballo realizado ante o tribunal establecido para a súa cualificación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes