Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Economía da Saúde e Xestión Sociosanitaria
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as relacións entre o crecemento económico, a saúde das poboacións e os servizos sanitarios, familiarizarse cos factores determinantes do gasto sanitario e os aspectos relevantes das políticas de saúde, a política intersectorial e os plans de saúde. AI2
BM2
BM4
BM5
CM4
CM5
Coñecer as características do mercado sanitario, os fundamentos normativos da actuación do sector público no ámbito sanitario e as razóns da obrigatoriedade do seguro sanitario. Examinar tanto as teorías que explican o comportamento dos axentes, provedores e consumidores de servizos sanitarios como as medidas públicas para corrixir a ineficiencia do mercado sanitario. AI2
BM2
BM4
BM5
CM4
CM5
Estudar o funcionamento do sector sanitario, público e privado, o comportamento dos seus axentes, os problemas de eficiencia da súa actuación e as propostas de mellora da xestión pública sanitaria. AI2
BM2
BM3
BM4
BM5
CM4
CM5
Informar sobre as cuestións implicadas na equidade distributiva, con especial referencia á equidade territorial nos sistemas sanitarios descentralizados. Coñecer o sistema de finanzamento territorial sanitario en España, os seus problemas actuais. Familiarizarse co debate actual sobre as reformas dos sistemas sanitarios, cunha especial referencia ao español e ás reformas en curso nos países do entorno. AI2
BM2
BM3
BM4
BM5
CM4
CM5
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes