Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Investigación na Ocupación Humana
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción basada na asunción do estudantado da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.
Este sistema baséase en dous elementos básicos: a aprendizaje independiente do estudantado e o seguemento desa aprendizaxe pola profesora/s-tutora/s.
Aprendizaxe colaborativa Técnica de traballo de grupo e exposición pública durante a clase. Relaciónase coa adquisición das competencias xenéricas e nucleares referenciadas para esta materia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Obradoiro Combinaranse diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través das que o alumnado desenvolverá tarefas prácticas no ámbito da investigación na ocupación humana, co apoio e supervisión do profesorado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes