Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Técnicas Histolóxicas
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- LABORATORIO DE CRIOBIOLOXÍA. Requerimentos e equipos. Toma, transporte e preservación de mostras biolóxicas. Principios da criopreservación de células e tecidos.

Tema 2.- FUNDAMENTOS DO PROCESO DE FIXACIÓN TISULAR. Propiedades dos líquidos fixadores. Descalcificacion tisular. Líquidos descalcificadores. Métodos de inclusión. Microtomos e técnicas de corte dos tecidos. Criotomía.

TEMA 3. TINCIÓNS HISTOLÓXICAS. Tincións histolóxica básicas. Hematoxilina-eosina. Tincións para fibras coláxenas e elásticas do tecido conxuntivo. Tricrómico de Masson, picro-fucsina de Van Gieson, sirius red F3BA. Tincións de hidratos de carbono. Técnica de PAS (Periodic Acid Schiff), azul alcián, azul de toluidina. Tincións de depósitos de calcio. Von Kossa, bermello alizarina S. Tincións de lípidos. Sudán III. Outras tincións.

TEMA 4. TINCIÓNS INMUNOHISTOQUÍMICAS. Concepto de antíxeno e anticorpo. Técnicas de tinción inmunohistoquímica (enzimáticas e inmunofluorescentes). Factores que condicionan o resultado das tincións inmunohistoquímicas.

TEMA 5.- MICROSCOPÍA. Fundamentos do microscopio óptico. Observación de preparacións inmunofluorescentes.
Práctica 1. Criopreservación de tecido óseo.
Práctica 2. Criopreservación de válvulas cardíacas.
Práctica 3. Procesado de deshidratación, aclarado e inclusión en parafina.
Obtención de seccións microscópicas en microtomo de parafina.
Práctica 4. Conxelación en nitróxeno líquido.
Obtención de seccións microscópicas en criostato.
Práctica 5. Tinción hematoxilina-eosina.
Práctica 6. Tricrómico de Masson.
Práctica 7. Preparación de solucións tampón.
Práctica 8. Tinción histoenzimática (músculo esquelético): succinato-deshidroxenasa.
Práctica 9. Tinción inmunohistoquímica.
Práctica 10. Observación microscópica das preparacións reailzadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes