Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Investigación Clínica I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C3 C6 Controis escritos, exercicios entregados, participación na aula virtual 50
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C3 C6 C8 Traballo final onde se reflicte o dominio teórico-metodolóxico da materia e/ou exame final 50
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación do Bloque I (tres primeiros temas da materia) será do seguinte modo: o 50% da cualificación obterase dunha serie de cuestionarios e/ou exercicios entregados e o 50% restante dun traballo consistente na resolución dun caso práctico. O devandito traballo pode ser realizado de forma individual ou en grupos de dous ou tres membros.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sostenibilidad Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:  

a.- Non se empregarán plásticos.

b.- Realizaranse impresións a dobre cara.

c.- Empregarase papel reciclado.

d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.

A avaliación do Bloque II (dous últimos temas da materia) realizarase mediante a resolución dunha proba que consistirá na resolución de 5 casos prácticos relacionados con cada un dos dous temas deste bloque: xustificación do tamaño mostral e avaliación de probas diagnósticas. Cada un destes casos serán avaliados con 1 punto, donde se terá en conta a proposta dunha resposta correcta, a argumentación da resolución de cada caso e a utilización dos recursos web proporcionados durante a materia para a resolución dos mesmos. A puntuación máxima total deste bloque será polo tanto de 5 puntos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes