Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Investigación en Ciencias da Saúde II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C6 Traballos onde se reflicte o dominio teórico-metodolóxico da materia 50
Aprendizaxe colaborativa B6 B7 C4 C5 C7 C8 Controis escritos, exercicios entregados, participación na aula virtual 50
 
Observacións avaliación

A asignatura estructúrase en tres bloques: Bloque A, Análise de
datos, formado polos temas 1-6; Bloque B, Revisións sistemáticas, que
consta dos temas 7.1-7.3; e o Bloque C, Meta-análisis, formado polo tema 8. A contribución de cada bloque á nota final é: Bloque A,
50%; Bloque B, 25%; e Bloque C, 25%.

No caso de que o alumno no teña sido evaluado en algun dos tres bloques, a calificación final será de "NON PRESENTADO".

Non se poderá superar a
materia se nalgún dos bloques a nota foi menor que 3
(sobre 10). Nos demais
casos, a calificación final será o resultado da suma das notas ponderadas dos tres bloques.

Os tres bloques son independentes, de maneira que a nota de un dos bloques non afecta á nota dos outros bloques.

A evaluación de cada un dos bloques se baseará na realización e entrega de exercicios e/ou traballos. As
instruccións relativas á realización e entrega de tarefas publicaranse na plataforma moodle.udc.es con anterioridade ao inicio de
cada bloque. De acordo coa "Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y reclamaciones" no seu Artigo 14, na
realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación
expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu
autor/a, considerarase
causa de cualificación de suspenso (nota numérica, 0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

No caso dos alumnos repetidores, non se conservarán as calificacións dos bloques obtidas en cursos anteriores.

Convocatoria adiantada:

Os criterios para arexiranse polos
establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario", Artigo
19.

Matrícula de honra:

Poderán optar a matrícula de
honra os alumnos cunha media superior a 9. Os profesores da
materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados
obtidos polos estudantes en cualquera das accións formativas
programadas na guía docente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes