Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estatística
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- MATERIAS QUE SE RECOMENDA CURSAR PREVIAMENTE
Neste apartado non seleccionamos ningunha materia xa que a materia Estatística atópase no primeiro cuadrimestre de 1ºcurso.

2.- MATERIAS QUE CONTINÚAN O TEMARIO.
A materia Estatística establece os elementos estatísticos e metodolóxicos que necesita o estudante para ser consumidor crítico da información científica da súa disciplina. É por iso que en todas as materias posteriores dos cursos 2º, 3º e 4º do Grao de Terapia Ocupacional os/ as estudantes de modo transversal terán que facer uso das competencias adquiridas nesta materia. Será unha necesidade, nas devanditas materias, profundar desde un enfoque práctico e clínico na capacidade do estudante para consumir información científica, realizar unha análise crítica da mesma, aplicala no contexto de cada materia e nos casos que o requiren tomar decisións clínicas.

3.- OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE:
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible
• A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
• Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- RECOMENDACIÓN PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO:
Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero, velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.
• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
• Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
• Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

5.- PLAXIO:
Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

6.- COMPORTAMENTO:

O/A alumno/a debe presentar un comportamento adecuado. No caso dun comportamento que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, poderanse tomar a decisión de cualificar ao alumno/a cun suspenso (0,0) no presente curso académico. Non se permite a utilización de dispositivos electrónicos durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O incumprimento desta norma considerarase motivo de non superación da materia no presente curso académico, a cualificación será de 0,0


Fotos ou gravacións de imaxe e/ou audio: non está permitido realizar fotos ou gravacións, tanto de son como de imaxe, das clases maxistrais, seminarios ou prácticas da materia, salvo autorización expresa por parte do docente. Incumprir esta norma pode dar orixe a responsabilidades civís, disciplinarias, administrativas e mesmo penais por incumprimento das leis que regulan a propiedade intelectual e o dereito á privacidade (Lei de Propiedade Intelectual, Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, Lei Orgánica de protección Civil de Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e familiar e á Propia Imaxe).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes