Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Anatomía Humana
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral B8 B19 C1 Exame final de Cinesioloxía Ocupacional. Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular. Ademáis, poderase incluír unha parte de estiramentos.
15
Aprendizaxe colaborativa A2 A1 B1 B2 B4 B8 B12 B25 C4 C7 Avaliación continua de Cinesioloxía Ocupacional (valoración de traballos en grupos reducidos) 20
Proba de resposta múltiple B8 B12 Avaliacón continua de Anatomía Humana. Probas periódica tipo test sobre unidades temáticas da materia.
10
Proba obxectiva B2 B4 B8 B9 B12 B13 B19 C1 Exame final de Anatomía Humana. Consistirá en dúas partes:

Exame tipo test, de 12 a 24 preguntas (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas.
Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas).

Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final.

50
Obradoiro B1 B2 B8 B9 B13 C4 Avaliación continua de Anatomía Humana: realización dos cadernos de traballo de Anatomía Humana.
5
 
Observacións avaliación

ANATOMÍA HUMANA
Grao de Terapia Ocupacional

ORGANIZACIÓN DA MATERIA.
A materia está dividida en dúas partes:
• Anatomía Humana (6 ECTS; profesores: Isaac Manuel Fuentes Boquete e Silvia María Díaz Prado)
• Cinesioloxía Ocupacional (3 ECTS; profesores: Sergio Santos del Riego e José Ramón Meilán Devesa)
Responsable da materia: Prof. Isaac Fuentes

AVALIACIÓN DA MATERIA.- A materia avalíase da seguinte maneira:

• Anatomía Humana: cun valor de 6,5 sobre 10, tal como se indica a continuación:
- Avaliación continua Profs. Isaac Fuentes e Silvia Díaz): 1,5 sobre 6.5.
- Exame final (Pofs. Isaac Fuentes e Silvia Díaz): 5 sobre 6.5.
Para aprobar a Anatomía Humana, será necesario alcanzar un total de 3,25 sobre 6.5.

• Cinesioloxía Ocupacional: cun valor de 3,5 sobre 10, tal como se indica a continuación:
- Avaliación continua (Prof. Sergio Santos): 2 sobre 3.5.
- Exame final de prácticas (Prof. José Ramón Meilán): 1,5 sobre 3.5.
Para aprobar a Cinesioloxía Ocupacional, será preciso alcanzar un total de 1.75 sobre 3.5.

• Cualificación final: A suma das cualificacións obtidas en Anatomía Humana e Cinexioloxía Ocupacional.
Para aprobar a materia, é condición necesaria ter aprobadas ambas partes (Anatomía Humana e Cinesioloxía Ocupacional).

Ao inicio do curso académico, o responsable da materia (Prof. Isaac Fuentes) explicará con detalle ao alumnado os criterios de avaliación.

AVALIACIÓN NA 2ª CONVOCATORIA:
Manterase a cualificación de cada parte da materia que estea aprobada (Anatomía Humana e/ou Cinesioloxía Ocupacional), na modalidade avaliación continua e/ou exame.

AVALIACIÓN DA PARTE DE ANATOMÍA HUMANA EN DETALLE:

• Exame final de Anatomía Humana.- Consistirá en dúas partes:
- Exame tipo test (12 a 24 preguntas, cada pregunta con 4 afirmacións, das cales só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas.
- Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas). O aprobado está en 5 sobre 10.
Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final.

• Avaliación continua de Anatomía Humana.- Terase en conta:
- Realización dos cadernos de prácticas (estarán dispoñibles a través de MOODLE).
- Probas periódicas tipo test sobre unidades temáticas da materia (similar á proba tipo test do exame final).

AVALIACIÓN DA PARTE DE CINESIOLOXÍA OCUPACIONAL EN DETALLE:

• Exame final de Cinesioloxía Ocupacional.
- Avaliación da parte práctica (Tema 14). O exame consistirá na valoración dun grupo muscular e dunha goniometría articular. Ademais, poderase incluír unha parte de estiramentos, na que o alumnado terá que explicar a manobra e a implicación do grupo muscular ou músculo illado. Calquera destas accións se corresponderá coas explicadas en clase e levadas a cabo por todo o alumnado durante o desenvolvemento das clases prácticas (de asistencia obrigatoria).
O profesor realizará e publicará, previamente, a convocatoria oficial do exame correspondente, un documento ca data, o lugar e a distribución dun número determinado de estudantes/hora para a realización do exame práctico.

• Avaliación continua de Cinesioloxía Ocupacional.
- Avaliación da parte teórico/práctica (Temas 12 e 13). Realizarase avaliación continua empregando dúas rúbricas que se entregarán e explicarán ao comezo desta parte da materia: unha para o alumnado (cada alumno/a avalía a un grupo de compañeiros/as dunha maneira regrada) e outra para o profesor. A puntuación final será a media aritmética de ambas rúbricas.

PLAN GREEN CAMPUS FCS:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do Plan Green Campus da Facultade de Ciencias da Saúde (FCS), os traballos documentais que se realicen nesta materia:
A.- Maioritariamente, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
B.- De realizarse e papel:
1. Non se utilizarán plásticos.
2. Realizaranse impresións a dobre cara.
3. Empregarase papel reciclado.
4. Evitarase a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes