Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Anatomía Humana
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A2 A1 B8 B17 B19 B23 B25 C1 Exame final de Cinesioloxía Ocupacional. Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular. Ademáis, poderase incluír unha parte de estiramentos.
15
Proba de resposta múltiple A1 A2 B12 B8 Avaliación continua de Anatomía Humana. Probas periódicas tipo test sobre unidades temáticas da materia.
10
Proba obxectiva A1 A2 B2 B4 B8 B9 B12 B13 B19 C1 Exame final de Anatomía Humana (cualificación: 50). Consistirá en dúas partes:

- Exame tipo test, de 12 a 24 preguntas (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas.
- Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas).

Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final.

Exame final escrito de Cinesioloxía Ocupacional (cualificación: 20)
70
Obradoiro A2 A1 B1 B2 B8 B9 B13 B16 B17 B23 B25 C4 C6 C7 C8 Avaliación continua de Anatomía Humana: realización dos cadernos de traballo de Anatomía Humana.
5
 
Observacións avaliación

ORGANIZACIÓN DA
MATERIA.

A materia ANATOMÍA HUMANA do Grao
de Terapia Ocupacional está dividida en dúas partes:

·        
Anatomía Humana (6
ECTS. Profs: Isaac Manuel Fuentes Boquete, Silvia María Díaz Prado e Rocío
Castro Viñuelas)

·        
Cinesioloxía Ocupacional (3 ECTS. Profs.: Sergio Santos del Riego e José R. Meilán Devesa).

RESPONSABLE DA MATERIA. Prof. Isaac Manuel Fuentes Boquete

AVALIACIÓN DA MATERIA.

A materia avalíase da seguinte
maneira:

·         
Anatomía Humana: cun valor de 6,5 sobre 10:

-   Avaliación continua (Profs. Isaac Fuentes e Silvia Díaz): cun valor de 1,5.

-    Exames periódicos tipo test: 1,0.

-    Cadernos de Anatomía Humana: 0,5.

-   Exame final
(Profs. Isaac Fuentes e Silvia Díaz): cun valor de 5,0.

-    Test: cun valor de 2,5.

-    Preguntas curtas: cun valor de 2,5.

·         
Cinesioloxía Ocupacional: cun valor de 3,5 sobre 10

-   Exame final escrito (Prof. Sergio Santos): cun valor de 2,0.

-   Exame oral práctico (Prof. José R. Meilán): cun valor de 1,5.

APROBADO DA MATERIA.

O aprobado conxunto da materia
corresponde a 5,0 sobre 10.

Para o cálculo da nota final da
materia sumaranse as notas obtidas en cada parte da materia, sempre que se
obteña en cada parte o 80% do valor na nota de aprobado. Así, para este cálculo
da nota final da materia é preciso obter:

·         
Anatomía Humana: 2,6 (80% de 3,25).

·         
Cinesioloxía
Ocupacional: 1,4 (80% de 1,75).

 

AVALIACIÓN DE ANATOMÍA HUMANA EN DETALLE.

·         
Exame final
de Anatomía Humana
(cun valor
de 5,0).- Consistirá en dúas partes:

-   Proba tipo test (cun valor de 2,5). Consiste de 24 a 48
preguntas. Cada pregunta conta con catro sentencias, das cales só unha é
correcta. Non se puntúa negativo por resposta incorrecta. O aprobado está no
60% de respostas correctas.

-   Exame preguntas cortas (cun valor de 2,5). Consiste de 5
a 10 preguntas curtas.

·        
Avaliación
continua de Anatomía Humana
.- Terase en
conta:

-   Realización dos cadernos de prácticas  (cun valor de 0,5). Os cadernos publícanse en
MOODLE.

-   Probas
periódicas tipo test sobre unidades
temáticas da materia (cun valor de 1,0). Estes exames tipo test teñen a mesma
estrutura, grao de dificultade e modo de avaliación que a proba tipo test do
exame final.

AVALIACIÓN DE CINESIOLOXÍA
OCUPACIONAL EN DETALLE.

·         
Exame final escrito
de Cinesioloxía Ocupacional
(cun valor
de 2,0).

·         
Exame oral
práctico de Cinesioloxía Ocupacional
(cun valor de 1,5). O exame
consistirá na valoración dun grupo muscular e dunha goniometría articular.
Ademais, poderase incluír unha parte de estiramentos, na que o alumnado terá
que explicar a manobra e a implicación do grupo muscular ou músculo illado. O profesor publicará, previamente á data oficial de
realización do exame correspondente, un documento co lugar de realización do
exame e o horario de realización de exame que corresponda a cada alumno/a.

Ao inicio do curso académico, o responsable
da materia (Prof. Isaac Fuentes) explicará con detalle ao alumnado os criterios de
avaliación.

PLAN GREEN CAMPUS FCS:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata substentable e cumprir o
obxectivo extratéxico 9 do Plan Green Campus da Facultade de Ciencias
da Saúde (FCS), os traballos documentais que se realicen nesta materia:
A.- Maioritariamente, se solicitarán en formato virtual e soporte
informático.
B.- De realizarse en papel:
1. Non se utilizarán plásticos.
2. Imprimirase a dobre cara.
3. Utilizarase papel reciclado.
4. Evitarase a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes