Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Historical Review and Documentation in Occupational Therapy
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A2 A1 A14 A19 A29 B2 B3 B9 B12 B27 C8 Se realizarán varios traballos relacionados con algúns dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesorado: algúns de modo individual e outros en grupo. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimiento, presentación escrita, preparación da presentación e exposición na aula, no seu caso. 20
Mixed objective/subjective test A1 A22 A26 B1 B2 B4 B8 B10 B12 B13 C1 Se realizarán dúas probas mixtas para cada un dos bloques según instruccións do profesorado. 65
Oral presentation A26 B2 B8 B12 B13 B19 B21 C1 C3 C6 C7 A presentación oral se evaluará individualmente e será unha das partes a evaluar de cada un dos traballos tutelados realizados 3
Guest lecture / keynote speech A2 A1 A3 A4 A5 A7 A14 A19 A29 Se rexistrará e valorará a asistencia e participación ás clases de presentación de contidos 4
Workshop A2 A1 A3 A7 A14 A29 A34 B10 B24 B25 Se valorará a asistencia e aproveitamento dos obradoiros organizados 8
 
Assessment comments

Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados nos exames teóricos e prácticos e competencias referidas para esta materia. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

A materia está dividida en dous bloques con avaliación independente: Bloque I: Nota ata 7 Bloque II: Nota ata 3

AVALIACION DO BLOQUE I: BASES HISTORICAS DE TERAPIA OCUPACIONAL: 

Dun total de 7 puntos correspondente a este bloque o exame será un 70% do total do bloque 1 (4,9); Asistencia e aproveitamento ao 80% das clases, un 10% do total do bloque 1 (0,7); traballos realizados, un 20% do total do bloque 1 (1,4). Será preciso obter un 5 sobre 10 no exame para aprobar, non se sumando as outras actividades se non se aproba o exame.

AVALIACIÓN DO BLOQUE 2: DOCUMENTACION EN TERAPIA OCUPACIONAL

As porcentaxes de avaliacion serán as que se presentan a continuación: 

Proba de ensaio.........................................60% 

  *para aprobar este módulo é requisito haber obtido polo menos un 3 sobre unha puntuación máxima de 6 

Traballos tutelados........................................40% 

  *para aprobar este módulo e requisito realizar o 100%, e obter polo menos un 2 sobre unha puntuación de 4.  

OBSERVACIÓNS XERAIS DA MATERIA 

Para superar a materia é requisito que o alumno alcance un 5 (sobre 10) en ambas as partes.

Se o alumno suspende unha parte en xaneiro, só terá que presentarse á parte suspensa na convocatoria de xullo. No caso de que o alumno non supere a convocatoria de xullo, tería a materia suspensa e a parte aprobada non se gardaría para cursos posteriores.

Para a calificación de matrícula de honra os aspirantes poderán ser convocados a unha proba voluntaria obxectiva para asignar as matrículas ás mellores cualificacións. Otorgarase, como manda a normativa da UDC, ás calificacións superiores a 9.

Os aspectos e criterios que se terán en consideración para avaliar as distintas actividades serán a  asistencia, participación e compromiso individual e grupal, a coherencia dos contidos abordados, a expresión oral e escrita e os coñecementos demostrados.

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 4/05/2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes