Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A8 A9 A12 A19 B5 B12 B29 B31 B36 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

A avaliación desta metodoloxía contemplará o traballo realizado nas actividades de aprendizaxe e servizo, as lecturas e a recensión.
20
Proba mixta B9 B13 B23 B25 B26 C1 C7 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
70
Sesión maxistral A2 A1 B4 B14 B24 B37 C4 Exposición oral complementada con el uso de medios audiovisuales y la introducción de algunas preguntas dirigidas a los estudiantes, con la finalidad de transmitir conocimientos y facilitar el aprendizaje.
La clase magistral es también conocida como “conferencia”, “método expositivo” o “lección magistral”. Esta última modalidad se suele reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasiones especiales, con un contenido que supone una elaboración original y basada en el uso casi exclusivo de la palabra como vía de transmisión de la información a la audiencia.

Permite adquirir las competencias específicas y nucleares referenciadas en esta asignatura.
5
Lecturas A2 A1 A9 B12 B23 B24 C2 Son un conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.
5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado deberá participar activamente nas metodoloxías propostas e entregar todos os traballos solicitados.

- É preciso aprobar a proba mixta (3.5 sobre 7 puntos) e caso contrario non se fará media coas demáis metodoloxías propostas. 

- As prácticas de laboratorio son obrigatorias. No caso de ausencia non xustificada ás Prácticas de laboratorio, non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017).

Os aspectos e criterios que se terán en consideración para avaliar as distintas actividades serán a  asistencia, participación e compromiso individual e grupal, a coherencia dos contidos abordados, a expresión oral e escrita e os coñecementos demostrados.

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 4/05/2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

Os sistema de calificaicóns expresarase mediante calificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de septembro (BOE 18 de septiembre), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificaciones nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de calificaciones: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes