Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional/653G01108

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estancias Prácticas I/653G01110

Materias que continúan o temario
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204

Observacións
1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos da materia que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. No caso de que exista unha situación de confinamento aplicarase o Plan de Contixencia.

3.- Durante o período lectivo da materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas que complementan o desenvolvemento da materia.

4. "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes