Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Idioma Moderno (Inglés)
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Idioma Moderno (Inglés) Código 653G01201
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Amenedo Costa, Mónica María
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
Profesorado
Amenedo Costa, Mónica María
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa súa profesión utilizando un idioma moderno: inglés. Esta materia ten contidos tanto teóricos como prácticos. Empeza polos fundamentos do inglés científico-técnico aplicado ás ciencias da saúde, para pasar a considerar puntos que interesan a profesionais da terapia ocupacional de forma máis concreta. En canto aos contidos dos textos en inglés, seguirase a orde das demais materias do Título de Grao en Terapia Ocupacional. Por tanto, durante o primeiro cuadrimestre estudaranse textos relacionados e de interese xeral así como outros que teñen que ver coa infancia e a adolescencia, pasando no segundo cuadrimestre a estudar os que fan referencia ao ser humano adulto. Na propia páxina web da ENOTHE ( European Network of Occupational Therapy in Higher Education), dáselle unha posición privilexiada a este idioma, celebrándose as súas reunións internacionais en inglés. Por tanto, enténdese que o alumno necesita adquirir competencias en inglés, tanto xerais como específicas á súa vocación e futura profesión, para poder comunicarse con Anglo parlantes como con pacientes procedentes doutros países e para asistir e participar en congresos e reunións formais e informais con profesionais doutros países que traballan no mesmo campo . Descriptor: Coñecemento dunha segunda lingua que capacite para falar, comprender e escribir, así como poder traballar nun contexto internacional. Manexo de documentos e textos habituais por profesionais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes