Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Salud
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Socioloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Socioloxía Código 653G01202
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Moré Corral, María Paloma
Correo electrónico
paloma.more@udc.es
Profesorado
Moré Corral, María Paloma
Correo electrónico
paloma.more@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa socioloxía como fundamento da Terapia Ocupacional. O obxectivo principal desta materia é proporcionar ao alumnado o material necesario para entender os procesos sociais que acontecen no devir das sociedades contemporáneas, dotalos de contido e aprender, desde unha perspectiva crítica, a estudar os fenómenos sociais máis importantes cos que comezou o século XXI. Con todo, a materia de “Socioloxía” dentro da titulación de Terapia Ocupacional non pode impartirse sen destacar unha visión interdisciplinaria do concepto de Saúde, no que debe incluírse a influencia das condicións sociais e culturais. A asistencia sanitaria e a saúde están relacionadas coa estrutura da sociedade e, ambas dependen, por tanto, da forma na que unha sociedade organice os seus recursos e proporcione benestar aos seus cidadáns. Desde esta perspectiva, existe unha conexión entre a estrutura social, a saúde e a enfermidade. O estado de saúde está relacionado coa desigualdade social, cos factores que xeran pobreza, co crecemento económico, coa renda per cápita, o dereito á educación, o desemprego e ás taxas de actividade. A finalidade desta materia de Socioloxía sería estudar a construción social da saúde. Polo que de maneira transversal trataranse aspectos relacionados co xénero e a diversidade, xa sexa por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais. Descritor: Coñecementos de Socioloxía e outras disciplinas das Ciencias Sociais que capaciten para a aplicación de tratamentos de Terapia Ocupacional en diferentes institucións e grupos sociais para poder previr e tratar situacións de inadaptación e reacción social.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se modifican os contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesións maxistrais: impartiranse por Teams - Obradoiro - Traballos tutelados - Proba obxectiva *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba obxectiva: se non se pode facer de xeito persoal, farase exclusivamente a través de Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: todos os días. Útil para realizar consultas, solicitar reunións virtuais para responder a preguntas e facer un seguimento do traballo supervisado. - Moodle: todos os días. Segundo as necesidades do alumnado. - Teams: 1 sesión semanal para todo o grupo para avanzar no contido teórico e 2 sesións semanais de grupo interactivo. 4. Modificacións na avaliación - Traballos tutelados: a exposición oral farase a través de Teams. - Obradoiro: as actividades prácticas faríanse a través de Teams e Moodle - Proba obxectiva: faríase a través de Moodle *Observacións de avaliación: Aqueles estudantes que participen no recoñecemento da dedicación a tempo parcial (os que non participan na avaliación presencial continua), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso. A súa avaliación estará baseada nun traballo empírico individual sobre un tema relacionado coa materia (30% da nota), un traballo individual sobre un libro ou unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data estipulada oficialmente. pola UDC (40% da nota). Conservaranse as notas dos traballos e as prácticas para a segunda oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións. As lecturas obrigatorias serán postas a disposición do estudantado a través de Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes