Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade é común que se reserve a un tipo especial de lección impartida por un/ha profesor/a en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Aprendizaxe colaborativa Técnica de traballo individual con exposición pública durante na clase de Grupo Grande (GG) e debate.

Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensinanza-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para acadar os obxectivos que se queren acadar, vinculados a un programa formativo. Con ela se pretende obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos coñecementos previos do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes