Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A8 A19 B3 B31 Avaliación na modalidade de Proba mixta. 0
Aprendizaxe colaborativa A11 A12 B6 B8 B24 C1 - Rúbricas do estudante/estudante e do estudante/profesor que realizarán ambos os dous profesores da materia. As rúbricas presentaranse ao inicio do curso.

- As rúbricas do estudante/estudante e do estudante/profesor valorarán traballos tutelados (TT) individuais presentados por cada estudante en grupo grande (GG). A proba evaluadora realizarase sobre os contidos de dos TT presentados por cada estudante en GG.

Algunos aspectos significativos de las rúbricas de evaluación del estudiante por el profesor:
1.- Asistencia a clase: 1 punto. Cada profesor pasará relación de firma para el alumnado en las clases.
2.- En las respectivas rúbricas de cada profesor dos puntos se determinarán en una prueba evaluadora que se realizará en los respectivos TGR de las dos últimas tardes de clase.
50
Proba mixta A8 B3 B8 C1 - Exame: 5 puntos (media de ambos os dous profesores sobre cinco puntos). 50
 
Observacións avaliación

1.- CRITERIO XERAL DE AVALIACIÓN: A avaliación final dos estudantes realizarase segundo os seguintes criterios: un 50% corresponderá á avaliación continua (5 puntos) e un 50% á avaliación do exame final (5 puntos).

2.- AVALIACIÓN CONTINUA: A nota final da avaliación continua é a media das dúas medias, unha do Prof. Santos del Riego e outra da Profª. Vanessa García Crespo. En concreto, cada profesor fará a media das rúbricas (estudante/estudante e estudante/profesor) avaliadas sobre cinco puntos. As rúbricas presentaranse aos estudantes nas actividades iniciais da materia.

Na avaliación continua, por independente, cada profesor avaliará a asistencia e, cos matices que se expresen na primeira xornada de Actividades Iniciais, parte ou a totalidade dos seguientes criterios: a participación en actividades e debates dirixidos (habilidades de comunicación, razoamento no discurso), a resolución das actividades teórico-prácticas propostas, a exposición de traballos individuais e/ou grupais (organización e estrutura, presentación, dinamización do grupo) e a integración dos contidos teóricos aplicados á intervención práctica.

As avaliacións continuas realizaranse con RÚBRICAS sobre 5 puntos, que se obteñen da media das seguintes:

- RÚBRICA DE AVALIACIÓN DO ESTUDANTE POLO ESTUDANTE: Avaliación do estudante realizada por compañeiros de clase.

- RÚBRICA DE AVALILACIÓN DO ESTUDANTE POLO PROFESOR: Avaliación do estudante realizada polo profesor. Entre outros, inclúe un ítem de asistencia sobre 1 punto. Como parte desta rúbrica cada profesor realizará unha proba parcial os últimos días de clase para avaliar os coñecementos adquiridos a través das presentacións de traballos e actividades teórico-prácticas realizadas na clase.


3.- EXAME: A nota final do exame é a media da parte de exame realizada por cada profesor avaliadas sobre cinco puntos. Revisaranse as puntuacións emitidas polos profesores nos prazos e formas oficiais establecidos.

A calificación final da materia expresarase segundo ao establecido no art.5 do RD 1125/2003, do 5 de septiembre, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo oterritorio nacional (publicado no BOE do 18 de setembro de 2003). Sistema de calificacións: suspenso (0-4,9), aprobado (5-6,9), notable (7-8,9), sobresaínte(9-10), matrícula de honra (graciable).


4.- CALIFICACIÓN FINAL: A calificación final será o resultado da suma de ambas as dúas puntuacións medias (avaliación continua e exame), sempre que o alumno alcance o mínimo de 2,5 puntos en cada unha das calificacións finais (avaliación continua e exame). De no ser así, o alumno estará suspenso coa calificación que determinen os profesores independentemente da suma final obtida. Non se revisan as calificaciones finais. As últimas apreciacións contextuais sobre as calificacións finais, previas á formalización na aplicación informática, queda baixo a consideración do profesor responsable da materia.

OBSERVACIÓNS ECOLÓXICAS.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o
obxectivo estratéxico 9 do Plan Green Campus FCS, os traballos
documentais que se realicen nesta materia:

a.- Mayoritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes