Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A8 A19 B3 B31 Avaliación na modalidade de Proba mixta. 0
Aprendizaxe colaborativa A11 A12 B6 B8 B24 C1 Avaliación continua:
- Rúbrica do avaliación do traballo do estudante polos profesores da materia. A rúbrica presentaranse ao inicio do curso.

- A rúbrica do avaliación estudante/profesor valorarán traballos individuais presentados por cada estudante en presenza do Grupo Grande (GG) coa presenza de ambos profesores (tribunal).

Rúbrica. 5 puntos (media de ambos os dous profesores sobre cinco puntos)



50
Proba mixta A8 B3 B8 C1 - Exame: 5 puntos (media de ambos os dous profesores sobre cinco puntos). 50
 
Observacións avaliación

CRITERIO XERAL DE AVALIACIÓN: A avaliación final dos estudantes realizarase segundo os seguintes
criterios: un 50% corresponderá á avaliación continua (5 puntos) e un 50% á
avaliación do exame final (5 puntos).

AVALIACIÓN CONTINUA: A nota final da avaliación continua do estudante é a media das
dúas calificacións, unha do Prof. Santos del Riego e outra da Profª.
Vanessa García Crespo sobre idéntica rúbrica para cada profesor (5 puntos).

Na avaliación continua cada profesor cualificará de forma independente o expresado na rúbrica de
avaliación do estudante polo profesor, a saber:


- A posta a disposición con antelación da documentación do traballo a expoñer ao grupo.

- A organización e desenvolvemento do tema (estrutura).

- A abordaxe do tema de xeito innovador e axeitado á materia (contido).

- As habilidades de comunicación, de transmisión da información en público e do manexo do grupo (exposición).

- A integración dos coñecementos abordados na materia e o dominio do tema proposto.

O aprobado neste tipo de avaliación fíxase en 2,5 puntos resultantes da media das cualificacións de ambos os dous profesores.

EXAME: A nota final do exame é a media da parte de exame realizada por cada profesor
avaliado sobre cinco puntos. Realizarase na data sinalada no calendario oficial aprobado en Xunta de Facultade, e versará sobre todos os contidos abordados na materia, tanto os dirixidos polos profesores, coma os tratados nos traballos expostos. 

O aprobado no exame fíxase en 2,5 puntos resultantes da media das cualificacións de ambos os dous profesores.

Revisaranse as puntuacións emitidas polos profesores nos prazos e formas oficiais establecidos.

CUALIFICACIÓN FINAL: A cualificación final será o resultado da suma de
ambas as dúas puntuacións medias (avaliación continua e exame), sempre que
o alumno alcance o mínimo de 2,5 puntos en cada unha das cualificacións finais
(avaliación continua e exame). De no ser así, o alumno estará suspenso (ou non presentado, NP, de ser o caso) coa
cualificación que determinen os profesores independentemente da suma final
obtida. 

As calificacións poderán ser revisadas nos prazos e formas oficilamente establecidas; preferiblemente se revisarán de forma conxunta as puntuacións da avaliación continuada e o exame de ambos os dous prefesores, de ser posible.

As últimas apreciacións
contextuais sobre as cualificacións finais, previas á formalización na
aplicación informática, quedan baixo a consideración do profesor responsable da
materia.

A cualificación final da materia expresarase segundo ao establecido no art.5 do RD
1125/2003, do 5 de septiembre, polo que se establece o sistema europeo de
créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias
de carácter oficial e validez en todo oterritorio nacional (publicado no
BOE do 18 de setembro de 2003).


Sistema de calificacións: suspenso (0-4,9),
aprobado (5-6,9), notable (7-8,9), sobresaínte (9-10), matrícula de honra
(graciable).


OBSERVACIÓNS ECOLÓXICAS.

Para axudar a conseguir un contorno inmediato sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do Plan Green Campus FCS, os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se utilizarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes