Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo", ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Esta metodoloxía e os seus contidos están relacionados coas competencias específicas reflectidas no programa.

As sesións das clases maxistrais serán presenciais.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Relacionadas fundamentalmente coas competencias xenéricas e específicas reflectidas no programa.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Relacionadas fundamentalmente coas competencias específicas reflectidas no programa.
Aprendizaxe servizo Actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partires da práctica reflexiva. A principal diferencia co voluntariado reside en que os proxectos de ApS dan resposta sempre a resultados de aprendizaxe asociados a unha materia do currículo académico co obxectivo de acadar determinadas competencias propias da titulación na que se enmarca esa materia.

Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.

Ó longo do cuadrimestre os docentes da materia ofrecerán oportunidades ós estudantes para participar nesta metodoloxía, en colaboración con diferentes entidades sociais sen ánimo de lucro, segundo a normativa e restricións vixentes da situación sanitaria.
Actividades iniciais Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.

Permite adquirir competencias específicas e xenéricas de inicio e adaptación previamente á as competencias asignadas nesta materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes