Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A1 A4 A7 A9 A12 A14 A17 A18 A35 B10 B12 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación coa modalidade de Proba mixta. 0
Prácticas de laboratorio A3 A6 A10 A11 A15 A33 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B16 B18 B26 B27 B35 B36 B37 Segundo criterios que establecerá a profesora ao principio do curso antes de comezar as clases.
As prácticas de Laboratorio son obrigatorias. Realizaranse as férulas e produtos de apoio de xeito colaborativo cos compañeiros.
O traballo individual de cada estudante a avaliar será:
Férulas de: De quervaín, de reposo, de túnel carpiano, de tenodese, de mallet e férula en I
Productos de apoyo (un total de 6 dispositivos): Para actividades da vida diaria, ocio e tempo libre, traballo ou tarefas escolares.
Nesta metodoloxía avaliarase positivamente a participación voluntaria do estudantado na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo.
60
Proba mixta A2 A1 A3 A4 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A14 A15 A17 A18 A35 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B16 B18 B26 B27 B28 B29 B35 B36 B37 C4 C5 C6 C7 C8 Exame teórico con catro preguntas cortas (4 puntos) 40
 
Observacións avaliación
1.- PRÁCTICAS de LABORATORIO: 

Indicacións e normas 

Os estudantes deben acudir as clases de “practicas de laboratorio” co seguinte material (de xeito obrigado): 

- Unha toalla, unhas tesoiras (de folla longa, non escolares), un cartafol, folios, un metro, rotuladores (un indeleble), un cuter, pinzas ou espátula. 

- Coitelo, tenedor e culler, cepillo pelo, chaves, e outros obxectos poidan ser de utilidade para integralos no proceso de realización de produtos de apoio. 

- Cada estudante responsabilizarase do seu propio material, tendo en conta as normas básicas de hixiene e limpeza de obrigado cumprimento nas instalacións da Facultade de Ciencias da Saúde.

- Non será posible compartir o material e/ou ferramentas no desenvolvemento das tarefas de laboratorio, salvo co/a compañeiro/a asignado ó principio do cuadrimestre.

Criterios de avaliación:

Sobre Resultado final, esta metodoloxía constitúe o 60% da nota da materia, constituindo parte da avaliación os seguintes aspectos:
  1. Asistencia e participación activa:
1.1 A asistencia é obrigatoria e os estudantes deben participar nas actividades docentes. Calquera ausencia de causa maior debe ser avisada previamente e xustificada documentalmente a posteriori no prazo máis breve posible. 
1.2 A participación activa, será valorada segundo a demostración das seguintes accións:
- Recoñecer, manexar e traballar cos diferentes materiais termoplásticos. 
- Comprensión, desenvolvemento e realización no proceso de deseño de patróns.
- Confección e elaboración de férulas con material termoplástico, segundo as instrucións indicadas en cada sesión. 
- Confección e elaboración de produtos de apoio con material de baixo custo. 
- Deseño e impresión 3D dunha férula e dun produto de apoio
- Dedicación fóra do horario de clase como traballo persoal para a realización do portafolios. 
- Participación na proposta de Aprendizaxe – Servizo: Esta actividade é voluntaria, e será proposta pola docente en colaboración coas entidades sociais sen ánimo de lucro. A participación na ApS será valorada positivamente na nota final correspondente ás prácticas de laboratorio.
- Limpeza e adecuación do espazo de traballo unha vez rematada cada sesión de práctica de laboratorio (poñeranse elementos de desinfección á disposición dos estudantes e da docente).

2. Portafolios: 
Os estudantes, no mes de xaneiro e dentro do prazo comunicado pola docente ó inicio do cuadrimestre entregarán nunha caixa precinatada con nome e apelidos todos as férulas e produtos de apoio realizados nas prácticas de laboratorio. 

Irá acompañado dun portafolios que conterá os patróns do realizado na materia e descrición de cada un das férulas e produtos elaborados, así como unha breve explicación teórica de cada un, segundo a plantilla publicada no Campus Virtual da materia.

3. Férulas e produtos de apoio:
Serán valorados de xeito individual, tendo en conta a súa adecuación ás instrucións dadas na súa confección:

- Férula de repouso ou férula funcional, Férula síndrome tunel carpiano, Férula de Quervain, Férula de tenodese, Férula de Mallet e Férula en I (esta con deseño en 3D). 
- Produtos de Apoio e Adaptacións: realización de 6 produtos de apoio de baixo custo, un deles con deseño en 3D.

2.- TEORÍA: PROBA MIXTA - EXAME FINAL, Prof. Sergio Santos del Riego e Profª Jessica Garabal Barbeira, Puntuación: 40% (4 puntos). 

- Valoración de coñecementos teóricos mediante proba escrita.

NOTA FINAL DA MATERIA:

A nota final será o sumatorio das partes previamente expresadas, cos seguintes considerandos:

  • Na avaliación continuada práctica débese ter un mínimo de 4 puntos (sobre 6). Os estudantes que participen de forma voluntaria na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo recibirán 1 punto adicional nesta parte.
  • Na avaliación da proba mixta teórica será necesario un 2 (sobre 4) para realizar o sumatorio coa cualificación que se obteña da avaliación de prácticas. 
  • As prácticas son obrigatorias. A ausencia en prácticas, sen xustificar ou xustificadas, dun número ou porcentaxe que establecerá a profesora ao comezo do curso sobre o total ou ben de horas ou ben de clases supón un non presentado ou un suspenso da materia, segundo contexto.
  • A cualificación de non presentado ou suspenso na parte práctica non impide presentarse á convocatoria da segunda oportunidade (xullo). Nesta convocatoria realizarase, cun alto nivel de esixencia, un exame teórico-práctico, tribunal ou similar (sobre 6 puntos), a criterio da profesora, e un exame teórico (sobre 4 puntos), a criterio dos docentes. 
  • Os docentes entregarán as súas cualificacións REVISADAS, segundo normativa legal vixente de revisións de exames, no prazo establecido pola profesora responsable da materia, que será a metade do prazo oficial marcado no Reitorado para o peche e firma de actas na aplicación informática.
A responsable da
materia realizará as últimas consideracións contextuais e institucionais e
procederá á introdución das cualificacións finais na aplicación informática e á
firma da acta. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación
numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de
setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de
créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de
carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de
cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable). 

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 4/05/2017), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

Segundo os artigos 22 e 23 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017) garantirase o seguinte: Art. 22: Publicidade das cualificacións: Para garantir o dereito a revisión nas probas orais, a nota será comunicada aos dous días lectivos seguintes á súa finalización, e a revisión estará baseada nos datos recollidos na acta e, no seu caso, nas evidencias gravadas, escritas e doutro tipo recollidas na súa realización. Art. 23: Os estudantes terán dereito a revisar as actividades, os traballos e as probas que sirvan para a súa avaliación e a recibiren explicación razoada da cualificación que obtiveron. 

Sobre a detección de plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes