Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Métodos Informáticos para persoas con Discapacidade
   Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I. (Contidos Teóricos) O ACCESO ÁS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E AS COMUNICACIÓNS
Tema 1. O acceso as plataformas informáticas 1.1 Norma UNE en iso 9999. Definición de produtos de apoio. As barreiras informáticas. O computador: hardware e software.

1.2. Produtos de apoio para a comunicación e a información. Dispositivos de entrada ao computador. Ratos, teclados, dispositivos alternativos de entrada e software de entrada: Adaptacións de teclado, carcasas, mini-teclados, teclados alternativos, ratos táctiles, punteiros, teclados virtuais. impresoras braille, amplificadores de pantalla, sintetizadores de voz, magnificadores de caracteres, OCR, lectores de pantallas, etc.

1.3.O deseño para todos

1.4. Norma UNE 139801: Soporte físico. Accesibilidade ao soporte físico (hardware)

1.5. Norma UNE 139802. Soporte lóxico. Accesibilidade ao soporte lóxico (software)
Tema 2. Accesibilidade da contorna Windows.
2.1. Configuración da contorna Windows. As opcións de accesibilidade: activación das opcións, configuración de dispositivos alternativos. Opcións de instalación de novo hardware e software

2.2. Configuración de Teclado (StickyKeys, FilterKeys, ToggleKeys), Son (SoundSentry, ShowSounds), Pantalla (Alto contraste) e Rato (MouseKeys)

2.3. Novidades de accesibilidade en Windows 7 e Windows 8. O narrador de Windows
Tema 3. A Accesibilidade en Internet e no Word Wide Web

3.1. Internet. Fundamentos e servizos. O desenvolvemento de páxinas Web. O código HTML. Terminoloxía e elementos que interveñen na accesibilidade á información en Internet. O protocolo HTTP. A linguaxe Java Script e Java. Os plug-in dos navegadores. Os ficheiros PDF, Adobe Flash. As páxinas ASP, JSP e PHP.

3.2. Deseño de páxinas Web accesibles. O Word Wide Web Consortium (W3C). O grupo de traballo Web Accessibility Initiative (WAI). As WCAG 2.0. Prioridades de accesibilidade. O "ten" (A) ,"debe" (AA) e "pode" (AAA). Software de validación: TAW e HERA

3.3. Norma UNE 139803(2012). Requisitos de accesibilidade para contidos na Web

3.4. A Sección 508 da "Acta dos Americanos con Discapacidade"
BLOQUE II. CONTIDOS MULTIMEDIA EN TERAPIA OCUPACIONAL
Tema 1. A imaxe dixital.

1.1. Uso básico de GIMP. Formatos gráficos. Sistemas e Tamaños de almacenamento.

1.2. Coleccións de pictogramas e cliparts. O portal de ARASAAC e de Aumentativa.net. Outros sistemas pictográficos: WIDGIT, SPC, Bliss.

1.3. Obtención de imaxes: Escáner, Internet, Fotografía dixital, móbiles
Tema 2. Son.
2.1. Formatos de arquivo: MP3, WAV, OGG. Conversión entre formatos.

2.2. Uso básico de Audacity. Instalación da libraría LAME. Editar, recortar, copiar e modificar un ficheiro de son. Gravación de conversacións en Windows

2.3. Síntese de voz por computador. Os motores de voz. Software de conversión de texto en audio. TTS. Alive Text-To-Speech.
Tema 3. Vídeo dixital.
3.1. Descarga de vídeos de Youtube

3.2. Edición básica de vídeo con Windows Movie Maker
BLOQUE III. APLICACIÓNS PARA A INTERVENCIÓN EN TERAPIA OCUPACIONAL
Tema 1. Aplicacións para o deseño de actividades en terapia ocupacional: JCLIC e LIM
1.1 JClick. Exemplos e acceso a recursos. Acceso á base de datos de recursos

1.2 LIM. Contorna de aplicacións en Flash facilmente transportable
Tema 2. O proxecto In-TIC (De descarga en http://www.intic.udc.es)

2.1. Usuarios de exemplo.

2.2. Creación de plantillas. A contorna de edición. A biblioteca multimedia

2.3. Aplicación para usuarios con trastorno do espectro do autismo (TEA)

2.4. In-TIC móbil. Personalización e comunicación con dispositivos Android
Tema 3.- As aplicacións The Grid 2 (Sensory) e Boardmaker dinámico(Mayer-Johnson).

3.1. Usuarios de exemplo de Grid2: acceso ao computador e comunicadores dinámicos

3.2. Edición e personalización de plantillas con Grdi2

3.3 Deseño de teclados con Boardmaker

3.4 Comunicador dinámico con Boardmaker. Accións e cambios dinámicos de plantillas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes