Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Métodos informáticos para persoas con discapacidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC As prácticas realizaranse no laboratorio e de forma individual. Estarán baseadas nunha explicación diaria e no material dispoñible no campus virtual da materia da UDC. O alumnado deberá entregar as prácticas de acordo ao calendario exposto no cronograma do curso. A entrega fóra de prazo supoñerá que esas prácticas non se terán en conta. Só, se permite unha única entrega, a cal se considerará definitiva e a que supoñerá a cualificación final.
Sesión maxistral Os contidos teóricos da materia serán expostos en 7 clases maxistrais ao longo do curso. E, os contidos do bloque II e III serán expostos en sesión por grupos reducidos.
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo final asociado a un caso práctico no que se intervén utilizando as TIC. Este traballo constará de diferentes pasos que o alumnado debe cumprimentar. O material e instrucións asociados a este traballo estarán dispoñibles a través do Campus Virtual. A entrega dos traballos tamén se realizará a través deste medio nos prazos indicados. Realizaranse en grupos de 3 ou 4 persoas, en función do tamaño do grupo de alumnos/as que engloba a materia.
Presentación oral En grupos, o alumnado deberá preparar a exposición dun traballo tutelado baseado nun caso práctico no que se intervén utilizando as TIC. Este traballo será exposto nas últimas semanas da materia.
Proba obxectiva O alumnado deberá realizar un cuestionario asociado a temática da clase maxistral, ao final de cada sesión. A non realización destes cuestionarios terá unha penalización tendo en conta que é necesario superar o 50% de cada proba realizada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes