Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Métodos informáticos para persoas con discapacidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A11 A13 A19 A20 B5 B7 B21 B22 C3 C6 Valoración das prácticas a través do Campus virtual. Deberán ser entregadas a través do Campus Virtual nos prazos definidos. Para a aprobación da materia, é necesaria a entrega de todas as prácticas. Só, se permite unha única entrega, a cal se considerará definitiva e a que supoñerá a cualificación final. Non todas as practicas teñen a mesma ponderación, xa que depende da complexidade e tempo de dedicación. A entrega parcial da práctica supoñerá unha redución da cualificación, que se valorará en función do criterio do docente.

40
Presentación oral A11 A19 A20 A25 A26 A30 B5 B7 B21 B22 C3 Exposición do traballo final dunha duración de 10 minutos. A valoración será global para cada grupo. 10
Sesión maxistral A11 A25 A26 A30 B22 A asistencia é obrigatoria. Tamén, se valorara a participación e actitude colaborativa. 10
Traballos tutelados B21 B22 C2 C3 C6 C7 Valorarase tanto a asistencia ás clases prácticas como os traballos realizados e o traballo especial. Valorarase o traballo realizado para o traballo final tanto de forma grupal e individual durante todo o curso.
20
Proba obxectiva B21 C3 C6 C7 É obrigatorio a realización dos cuestionarios asociados as temáticas das sesións maxistrais. Os cuestionarios serán realizados ao final de cada sesión maxistral. En casos especiais, o alumnado poderá realizar un cuestionario global ao final da materia.
20
 
Observacións avaliación

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”: a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que o estudante ten por materia. 

Para a realización do cuestionario global, o alumnado ten que xustificar a imposibilidade de realizar os cuestionarios na data establecida. Son os docentes os que avaliarán a posibilidade de realizar o cuestionario global.  

O sistema de
cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co
establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de
setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de
cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en
todo o territorio nacional Sistema de cualificacións:

0-4.9=Suspenso

5-6.9=Aprobado

7-8.9=Notable

9-10=Sobresaínte

















9-10 Matrícula de Honra
(Graciable)

En caso de non superar a materia na primeria oportunidade, deberanse entregar os mesmos traballos na segunda oportunidade contactando previamente co profesorado para valorar a situación particular.

O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes