Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Salud
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estancias Prácticas II Código 653G01210
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Correo electrónico
natalia.rivas.quarneti@udc.es
Profesorado
Dacuña Vázquez, Inés
Garcia Crespo, Maria Vanessa
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Rosende Celeiro, Iván de
Correo electrónico
ines.vazquez3@udc.es
m.v.garcia@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa observación e a análise das contornas dende a Terapia Ocupacional e a intervención da/o terapeuta ocupacional nas mesmas. Descriptor: Estadías prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de Terapia Ocupacional, traballando adecuadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias desta/e profesional en diferentes contornas, centros, hospitais, asociacións, institucións, grupos sociais e poboacionais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Non se realizan cambios. Sesión maxistral, Estudo de casos, Saídas de campo, Simulación e Lecturas. *Metodoloxías docentes que se modifican: As Saídas de campo e a Simulación adaptaranse ao cumprimento, por parte do alumnado, da lexislación vixente en cada momento en relación á unha posible declaración de estado de alarma e/ou outra normativa aprobada por razóns de protección da saúde. Así, as Saídas de campo desenvolveranse na contorna próxima de forma supervisada e/ou titorizada polo profesorado da materia e a simulación empregando a ferramenta Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da materia. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. – Teams: para a docencia expositiva (grupo grande) e para as sesións de Saídas de campo e Simulación (grupos pequenos). As actividades realizaranse na franxa horaria estabelecida no horario oficial, de acordo ás quendas e grupos correspondentes. 4. Modificacións na avaliación A avaliación non sufrirá cambios cuantitativos: Estudio de casos (30%), Saída de campo (35%), Simulación (25%) e Lecturas (10%). Poden modificarse as entregas grupais por individuais ante unha posible declaración de estado de alarma e/ou outra normativa aprobada por razóns de protección da saúde, e co fin de facilitar o proceso de aprendizaxe ao alumnado. *Observacións de avaliación: Para superar a materia, é necesario participar no 85% das sesións de Saída de campo e Simulación, permitindo a non participación nun máximo do 15%. Este é un criterio requirido para aprobar a materia, non valorable. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Os materiais de traballo estarán dispoñibles de forma dixitalizada en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes