Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aproximación ao corpor teórico que da base ás accións de Terapia Ocupacional sobre a contorna: impacto do medio sobre a ocupación humana. Integración dos coñecementos teóricos previos á práctica relacionados por exemplo con: a accesibilidade, o deseño universal e/ou a inclusión. A8
A10
A11
A19
Adquisición de destrezas de observación e análise da contorna: identificación das condicións da contorna que actúan como facilitadores ou como barreras en relación ás caracterísitcas da poboación e ás demandas da actividade (avaliación-valoración do equilibrio persona/ambiente/ocupación). A8
A11
B3
B8
B9
Desenvolvemento do pensamento analítico e crítico, dacordo ao nivel competencial, aplicado á valoración e ao asesoramento en materia de accesibilidade, deseño universal e/ou inclusión: planificación da intervención/acción (valoración, plan de mellora/intervención/acción, rexistro), deseño de contornas facilitadoras para a autonomía (a nivel individual e colectivo) e elaboración de propostas de asesoramento reais e efectivas. A6
A8
A11
B3
B8
B31
Potenciación de habilidades e rigor para o rexistro da información procedente da avaliación e valoración: recoñecemento da importancia do rexistro das actividades realizadas, adquisición de rigor técnico na linguaxe empregada na comunicación co equipo profesional e cos/coas usuarios/as, elaboración de informes, comunicación con persona/grupo/comunidade implicada. A11
B7
B8
B15
C1
Desenvolvemento dunha perspectiva social dacordo ao nivel competencial: situar ao alumnado en accións contextualizadas na comunidade, promovendo a colaboración con outras/outros profesionais do ámbito sociosanitario, facilitando a súa intervención no medio natural da persona/grupo e/ou comunidade e, en definitiva, comprometéndose a promover a xustiza ocupacional. A11
A12
A17
B6
B11
B15
B31
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes