Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
   Contidos
Temas Subtemas
Temas transversais a todas as prácticas: 1.- Principios teóricos básicos de avaliación e actuación profesional dende a terapia ocupacional sobre contornas/contextos. Unha mirada ocupacional a:
• Contornas domésticas
• Accesibilidade e deseño universal.
• Contorna/s social, histórico, cultural e institucional/ais

2.- Observación e análise de factores ambientais.
• Introdución aos factores ambientais.
• Conceptos de barreiras e facilitadores. Identificación e análise en diferentes contextos.
• Utilización dos conceptos contexto/ambiente dos modelos teóricos específicos de terapia ocupacional (por exemplo: Persoa-Medio-Ocupación, Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo Kawa, Modelo de Ocupación Humana) para a súa análise.

3.- Valoración de ambientes de participación nas ocupacións:
• Avaliación da accesibilidade das contornas.
• Observación coa finalidade de avaliar ambientes.
• Análise do medio dende unha perspectiva individual e dende unha perspectiva colectiva.
• Valoración de ambientes específicos en función das ocupacións que acollen e das persoas que as desenvolven.
• Recollida de información da avaliación.


4.- Deseño de contornas accesibles para a participación nas ocupacións
• Principios para desenvolver o asesoramento.
• Deseño de actuacións específicas para a acción no medio ambiente. Exemplos: adaptacións funcionais do medio, deseño de ambientes socialmente facilitadores, propostas dende a perspectiva da universalidade.

5.- Rexistro de información:
• Criterios de elaboración de rexistros das actividades realizadas.
• Comunicación con outros/as profesionais.
• Comunicación cos usuarios/as (persoa/grupo/comunidade).
Proxectos rotatorios de prácticas:
1.- Proxecto "Contorna doméstica dende terapia ocupacional"
• Concepto de adaptación funcional do fogar en terapia ocupacional: semellanzas e diferenzas coa accesibilidade universal.
• Intervención domiciliaria dende terapia ocupacional. Análise do tipo de vivenda e identificación das principais ocupacións realizadas en función de factores ambientais e persoais.
• Novos enfoques na adaptación do fogar: experiencias de uso de dispositivos tecnolóxicos.
• Observación, identificación e avaliación de necesidades e barreiras no ámbito doméstico para o desempeño laboral.


2.- Proxecto "Accesibilidade e deseño universal e terapia ocupacional"
• Conceptos teóricos básicos: concepto europeo de accesibilidade e deseño para todos/as.
Accesibilidade versus adaptación funcional. Aportacións da ergonomía ao deseño de ambientes.
• Normativa estatal e autonómica en materia de accesibilidade. Recursos bibliográficos para deseñar contornos accesibles.
• Práctica de observación e valoración de ambientes desde terapia ocupacional.
• Elaboración de propostas de contornas universais baseadas na ocupación; creación de espazos facilitadores que fomenten a participación, incorporación de criterios ergonómicos e compatibilidade con intervencións de adaptación funcional individualizadas.
• Rexistro de información: elaboración de informes de asesoramento en materia de accesibilidade.

3.- Proxecto "Contornas 'Invisibles' e terapia ocupacional".
• Conceptos teóricos básicos para comprender, identificar e traballar en/cos contextos sociais, históricos, culturais e institucionais e a súa relación coa terapia ocupacional.
• Utilización e aplicación dos conceptos teóricos básicos na práctica da terapia ocupacional traballando en/con contextos sociais, históricos, culturais e institucionais.
• Metodoloxías participativas de avaliación e traballo en ámbitos sociais, históricos, culturais e institucionais en terapia ocupacional: Photovoice, metaplan, narrated body mapping, narración dixital (proxecto WFOT Occupational Narratives).
• Habilidades comunicativas como contorno en terapia ocupacional: mediadores do desempeño ocupacional (continuación EPI) Avaliación e intervención.
• Observación e valoración de ambientes desde terapia ocupacional/ciencia da ocupación.
• Propostas de actuación.

*Os proxectos poden sufrir modificacións polas necesidades contextuais de cada proxecto.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes