Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballaranse contidos teóricos necesarios para abordar a intervención práctica e tamén actividades de desenvolvemento do pensamento lóxico dos alumnos e de aplicación de de os coñecementos teóricos adquiridos.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.


Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editado como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.

Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo á contorna académica universitario relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información e a detección de necesidades susceptibles de intervención.
Na materia realizaranse algunhas saídas de campo tuteladas pola docente e outras realizadas polos alumnos de forma autónoma.

Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia.

Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do ?como facer as cousas?. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor, polo que consta dunha parte de traballo autónomo do alumno e outra parte de tutorías coa profesora.


Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia.

Presentación oral Exposición oral dos estudantes na que deben expor ao resto de compañeiros e ao docente da materia a conclusión do traballo de campo desenvolvido na materia. O obxectivo é que o estudante desenvolva unhas habilidades de comunicación co resto de profesionais que lle permitan comunicar os resultados da súa intervención.

Permite adquirie as competencias específicas asignadas a esta materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes