Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A7 B3 B10 Valorarase a participación e o interese do estudante durante as sesións maxistrais, as intervencións que realice durante as mesmas e a evolución observada na adquisición de coñecementos. Ten CARÁCTER OBRIGATORIO. 10
Traballos tutelados B6 B8 B9 B11 B15 B19 C1 Valorarase a planificación da intervención que desenvolva e argumente o alumno, a capacidade reflexiva e a lóxica do pensamento e os criterios teóricos aplicados a situacións reais e cotiás, o rigor técnico das súas propostas e a coherencia nos seus informes.
O seguimento dos traballos tutelados farase durante as tutorías personalizadas, que teñen CARÁCTER OBRIGATORIO.
35
Presentación oral B7 B8 Valorarase a planificación realizada da exposición oral, así como a claridade dos contidos e a síntese das conclusións alcanzadas. Valorarase tamén a capacidade de comunicar o traballo desenvolvido, co apoio dos medios audiovisuais que o estudante elixa. Ten CARÁCTER OBRIGATORIO. 20
Saídas de campo A6 A17 B31 Valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo que o estudante realizará de forma autónoma (acompañado do outro compoñente da súa parella de traballo), a observación realizada das contornas, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño, e a capacidade de modificar contornas reais para que faciliten a autonomía.
Esta valoración farase nas tutorías personalizadas, que teñen CARÁCTER OBRIGATORIO.
35
 
Observacións avaliación

A materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a observación e valoración inicial, a planificación da intervención sobre a contorna, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada. A realización das actividaes propostas no horario de clase é necesaria para a adquisición das competencias e as habilidades traballadas na materia: por todo iso, a ASISTENCIA É OBRIGATORIA E NECESARIA PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA. PARA SUPERAR A MATERIA ESÍXESE UN 85% DE ASISTENCIA, PERMITINDO UN 15% DE AUSENCIAS DOCUMENTALMENTE XUSTIFICADAS.



Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades planificadas coa metodoloxía anteriormente proposta son a adquisición de coñecementos teóricos relacionados coa materia, a aplicación deses coñecementos á práctica tutelada, e o desenvolvemento do pensamento lóxico e crítico aplicado a situacións concretas. Por tanto, existirá unha avaliación continua da evolución observada no alumno, e unha avaliación do traballo final obrigatorio para a superación da materia.



O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaínte 9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes