Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A10 B3 Valorarase a participación e o interese da/o estudante durante as sesións maxistrais, as intervencións que realice durante as mesmas e a evolución observada na adquisición de coñecementos. Ten CARÁCTER OBRIGATORIO. 10
Traballos tutelados B6 B7 B8 B9 B11 B15 C1 Valorarase a planificación da intervención que desenvolva e argumente a/o alumna/o, a capacidade reflexiva e a lóxica do pensamento e os criterios teóricos aplicados a situacións reais e cotiás, o rigor técnico das súas propostas e a coherencia nos seus informes.
O seguimento dos traballos tutelados farase durante nas titorías personalizadas, a demanda do/a profesor/a ou da/o alumna/o. As titorías demandadas polo/a profesor/a teñen CARÁCTER OBRIGATORIO.
50
Saídas de campo A6 A17 A19 B31 Valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo que a/o estudante realizará de forma autónoma ou tutelada (de xeito individual ou acompañada/o doutro compoñente da súa parella de traballo), a observación realizada dos contornos, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño, e a capacidade de modificar contornos reais para que faciliten a autonomía.
Esta valoración farase nas titorías personalizadas ou grupais, que teñen CARÁCTER OBRIGATORIO.
40
 
Observacións avaliación
A materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a observación e valoración inicial, a planificación da intervención sobre o contorno, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada. Polo tanto, distribúsese a materia nun horario de traballo autónomo a realizar pola/o alumna/o (de forma individual ou en parella), e nun horario de asistencia á clase cos/coas docentes da materia, no que se abordarán os contidos teóricos, realizarase  a práctica planificada, e titorizarase a práctica autónoma da/o alumna/o. A avaliación final incluirá tanto o traballo autónomo de campo como o presencial.
Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades planificadas coa metodoloxía anteriormente proposta son a adquisición de coñecementos teóricos relacionados coa materia, a aplicación deses coñecementos á práctica tutelada, e o desenvolvemento do pensamento lóxico e crítico aplicado a situacións concretas. Por tanto, existirá unha avaliación continua da evolución observada na/o alumna/o, e unha avaliación dos traballos finais obrigatorios para a superación da materia.
A/O alumna/o deberá entregar un total de tres traballos finais, cada un deles correspondente á parte de docencia de cada profesor/a. A data de entrega será debidamente notificada ás/aos alumnas/os coa suficiente antelación (preferiblemente ao inicio do cuadrimestre):
- Elaboración dunha infografía relacionada cos conceptos incluidos dentro dos Factores Ambientais da CIF ou dos contextos e contornos do Marco de Traballo.
- Realización dun informe de accesibilidade sobre aspectos puntuais do entorno do Campus de Oza.
- Reflexión argumentada e crítica sobre unha saída de campo ou práctica de avaliación do contorno domiciliario (pendente de planificación durante o cuadrimestre).
A entrega destes tres traballos na data proposta é obrigatoria para a superación da materia.

CUALIFICACIÓN FINAL DA/O ALUMNA/O
A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBIGATORIA A ASISTENCIA A UN 85% DO HORARIO DE CLASE PRESENCIAL, PERMITÍNDOSE A AUSENCIA A UN 15%.
A cualificación final da materia, sobre 10 puntos, distribuirase como segue:
a) Exposición dunha infografía de factores contextuais e entrega dunha tarefa individual (reflexión sobre barreiras e facilitadores)(profesora Mansilla Barreiro): 3 puntos
b) Informe de accesibilidade Campus de Oza (profesora García Crespo): 3 puntos
c) Reflexión crítica da saída de campo / avaliación de entorno domiciliario (profesor De Rosende Celeiro): 3 puntos
d) Avaliación continua do estudante realizada polos tres profesores (avaliará a iniciativa, interese, participación crítica e evolución na adquisición de competencias da materia do estudante): 1 punto

Para superar a materia a/o estudante debe ter presentados os tres documentos esixidos, alcanzada unha cualificación final de 5 puntos e ter cumprido o criterio de asistencia. Se a/o estudante non acada esa cualificación mínima, non ten presentado os tres documentos esixidos na data proposta, ou non ten cumprido o criterio de asistencia mínima obrigatoria, terá dereito a unha proba final escrita que se realizará na data fixada no calendario académico oficial aprobado en Xunta de Facultade.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica dacordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaínte 9-10 Matrícula de Honra (Graciable)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes