Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Afeccións Médico-Cirúrxicas no adulto
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 B8 B10 B12 B28 Avalíase a atención do alumno, a súa intervención en clase e fundamentalmente a súa asistencia 10
Proba obxectiva B2 B8 B12 B13 B28 Será un exame único con todas as partes da materia. O exame será tipo test de resposta múltiple e con só unha resposta correcta. Cada profesor achegará o número de preguntas correspondentes á parte que lle corresponda e o número de preguntas será proporcional á cantidade de materia impartida. 70
Estudo de casos B2 B4 B5 B8 B13 C1 Avaliación continuada a través de exposición de temas e actividades a desenvolver nos grupos de docencia interactiva e traballo en grupo reducido. 20
 
Observacións avaliación

ALUMNADO
CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE
EXENCIÓN DE ASISTENCIA, segundo estable a "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e
as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), a cualificación referida á asistencia
á aula será substituída pola
realización dun traballo práctico vinculado a dita formación. Ademais, en
titorías personalizadas explicaráselles o traballo realizado na aula para que
podan realizalo adecuadamente no seu domicilio. 

IMPORTANTE:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade
na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese:
o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes