Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Salud
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física Código 653G01302
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
sergio.santos.delriego@udc.es
Profesorado
Montoto Marqués, Antonio
Rodríguez Sotillo, Antonio
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
antonio.montoto@udc.es
antonio.rodriguez.sotillo@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa Rehabilitación médica no adulto con discapacidade física.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: - Non se realizarán cambios. - A docencia da materia durante o curso 2020-2021 realizarase de maneira híbrida (presencial+no presencial), según pandemia da covid e outros considerandos (aula axeitada ou asuntos institucionais e académicos do cada profesor). 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais - Sesión maxistral - Estudo de casos - Proba escrita *Metodoloxías docentes que se modifican - Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Correo electrónico: Diariamente, coa excepción dos fins de semana e festivos. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais e para resolver dúbidas. Responderánse exclusivamente en horario de mañá dos días laborais. Moodle: Segundo a necesidade do alumnado. Responderase exclusivamente en horario matutino de días laborais. Dispoñe de foros. Titorías según calendario oficial: Presencial o Teams a criterio do profesor, según contexto. Baixo ningún concepto responderase consultas a través de redes sociais (facebook, messenguer, etc...). O chat só será de uso para os representantes da clase dunha maneira moi restrinxida con responsable da materia. 4. Modificacións na avaliación PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE, PLAN A, De primeira elección (10 puntos, mínimo para aprobar cinco puntos): O examen escrito presencial, según procedemento establecido na guía GADU poderá adiantarse para a totalidade e co acordo do alumnado, ao criterio do profesorado, nos meses previos na data máis axeitada segundo o contexto sanitario e social da pandemia. O adianto anularía a opción de examinarse na data oficial establecida en calendario oficial para xaneiro/febreiro. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE PLAN B, Só, en caso de novo estado de alarma e confinamento (10 puntos, mínimo para aprobar, 5 puntos). Realizaríase, preferentemente: - Examen escrito grabado Teams. De no ser factible técnicamente a proba previamente mencionada, alternativas: no seu momento Oral Teams, e/ou ben Traballos e/ou ben cuestionarios test, a criterio do profesorado. Escrito Teams grabado: Coas novas tecnoloxías que implantaranse desde o Servizo Informático (49 cámaras/pantalla) e outras melloras. Oral Teams: Preguntas curtas durante aprox. 10-15 minutos/estudante en convocatoria coa relación de alumnado previamente organizada. Evaluarase a cada alumno/a de maneira individualizada (de un en un). De ser necesario en varias sesións, preferentemente de tarde, en horarios que determine a FCS. Grabarase o audio-vídeo do examen de cada alumno/a. Traballos: A determinar polo profesorado de cada materia. Cuestionarios test. REVISIÓN: Presencial ou Oral Teams en data e hora a determinar. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle ubicados por cada un dos integrantes do profesorado da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes