Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B2 B5 B8 B9 B14 Examen único da sesión maxistral e estudo de casos por oportunidade. A materia compórtase, avalíase e revísase como un todo. De suspender, no se guardan cualificacións parciais de “partes de examen”.
0
Sesión maxistral A3 B6 B7 B10 B11 B12 B29 C4 Examen único da sesión maxistral e estudo de casos por oportunidade. A materia compórtase, avalíase e revísase como un todo. De suspender, no se guardan cualificacións parciais de “partes de examen”.
100
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS ECOLÓXICAS:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o
obxectivo estratéxico do Plan Green Campus FCS, os traballos
documentais que se realicen nesta materia:

a.- Mayoritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

 - Non se utilizarán plásticos. 

 - Realizaranse impresións a dobre cara. 

 - Empregarase papel reciclado. 

 - Evitarase a realización de borradores.

CUALIFICACIÓN DA MATERIA REHABILITACIÓN DO ADULTO CON
DISCAPACIDADE FÍSICA DO GRAO EN TERAPIA OCUPACIONAL:

O profesor responsable se reserva a posibilidade de realizar algún
cambio na avaliación, revisión ou outros aspectos que serán notificados aos
estudantes coa suficiente antelación.

Un só e único exame integrado por oportunidade, coa seguinte
distribución de puntuacións:

A. O Prof. Sergio Santos del Riego avaliará sobre 4 puntos (40%).

B. O Prof. Antonio Rodríguez Sotillo avaliará sobre 3 puntos
(30%).

C. O Prof. Antonio Montoto Marqués avaliará sobre 3 puntos (30%).

A cualificación final do exame teórico (sesións maxistrais e
estudo de casos), e por tanto da asignatura, será o sumatorio de A+B+C. Só se
revisará unha cualificación: a cualificación final, coa presenza conxunta do
profesorado da asignatura. Necesitarase unha cualificación igual ou maior a 5
puntos para aprobar a asignatura. Si a suma total fose inferior a 5 puntos, a
cualificación final da materia será de suspenso/a.

INFORMACIÓN SOBRE A CUALIFICACIÓN FINAL:

En relación coa convocatoria/curso, realizarase so un exame final/oportunidade: un na primeira oportunidade e outro na segunda oportunidade (xullo) para preservar a equidade no trato cos estudantes. As datas dos exames estarán establecidas segundo o calendario oficial aprobado en Xunta de Facultade.

A materia compórtase, avalíase e revísase como un todo. De suspender, non se gardan cualificacións parciais de "partes do exame"

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes