Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Salud
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física Código 653G01303
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 7.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rosende Celeiro, Iván de
Correo electrónico
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
Profesorado
Ávila Álvarez, Adriana Ivette
Nieto Riveiro, Laura
Rosende Celeiro, Iván de
Veiga Seijo, Silvia
Correo electrónico
adriana.avila.alvarez@udc.es
laura.nieto@udc.es
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
silvia.veiga.seijo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo achegar ao alumnado ao proceso de intervención de terapia ocupacional con persoas adultas con discapacidade física, neurolóxica ou sensorial, proporcionando para iso os principios teóricos e filosóficos que sosteñen e fundamentan a práctica profesional da/o terapeuta ocupacional neste ámbito. Descritor: Fundamentos da promoción da autonomía persoal e valoración da dependencia nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou produtos de apoio. Análise da ocupación en terapia ocupacional e a súa utilización terapéutica. Terapia ocupacional para a integración da persoa adulta con discapacidade física, neurolóxica ou sensorial. Aplicación da actividade ocupacional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral (non computaría na avaliación ante un escenario de non presencialidade), a través da plataforma Teams. - Estudo de casos. *Metodoloxías docentes que se modifican: Ante un escenario de non presencialidade: a) suprimiríanse as metodoloxías Prácticas de laboratorio, Proba mixta e Aprendizaxe servizo. b) engadiríase a metodoloxía Traballo tutelado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos Traballos tutelados e do Estudo de casos. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispón de foros temáticos asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: 2 sesións semanais, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade para a metodoloxía de sesión maxistral; e de 1 a 2 sesións semanais en pequeno grupo ou de forma individualizada, previa petición do alumnado ou profesorado, para o seguimento e apoio na realización dos Traballos tutelados e/ou do Estudo de casos, na franxa horaria matinal que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. 4. Modificacións na avaliación: - Estudo de casos (peso na cualificación: 45%): valorarase, ademais das destrezas e coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, así como a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos adquiridos previamente. - Traballo tutelado (peso na cualificación 55%): valorarase a aplicación de conceptos teóricos e prácticos adquiridos previamente, e as destrezas e os coñecementos adquiridos. *Observacións de avaliación: Requisitos para superar a materia: - Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das metodoloxías obxecto de avaliación. - Entregar os Traballos tutelados e o Estudo de casos nas datas que se indiquen. - A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios de avaliación que a do primeiro cuadrimestre. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. O alumnado disporá de todos os materiais de traballo necesarios para o desenvolvemento da materia de maneira dixitalizada en Moodle. Facilitarase a documentación elaborada polo equipo docente da materia, indicando fontes bibliográficas nas que o alumnado poida completar coñecementos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes