Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia/653G01207
Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional/653G01208
Estancias Prácticas II/653G01210
Estancias Prácticas III/653G01211

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física/653G01302
Estancias Prácticas IV/653G01304

Materias que continúan o temario
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no adulto con Disfunción na Saúde Mental/653G01306
Estancias Prácticas V/653G01307

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen na materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Utilizarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

2.- O profesor responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, os cales serán notificados ao alumnado coa suficiente antelación.

3.- Durante o período da materia no primeiro cuadrimestre, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderanse programar seminarios ou obradoiros para afondar en certos contidos e técnicas específicas que complementen o desenvolvemento da materia.

4.- O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos ou exames. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente cualificación de suspenso '0' na materia, na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á oportunidade extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes