Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas IV
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A31 A28 A22 A20 A19 A16 A15 A14 A13 A10 A9 B4 B9 B18 B22 B24 C1 C6 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais e sintácticos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 20
Portafolios do alumno A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B1 B4 B18 B22 B24 C1 C6 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais e sintácticos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 15
Prácticas clínicas A31 A28 A24 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A13 A12 A10 A9 A6 B1 B4 B5 B6 B7 B9 B18 B24 B29 C4 C6 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación coas persoas usuarias, a relación co equipo de profesionais, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos previamente adquiridos, e a adquisición de novas destrezas e coñecementos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas ao centro conveniado e ao responsable da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
60
Recensión bilbiográfica A5 A13 A14 A20 A22 A24 A28 A31 B4 B18 B22 B24 C1 C4 C6 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (valorando de forma negativa os erros ortográficos, gramaticais e sintácticos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 5
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación.

Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, asistindo de maneira obrigatoria ao total de horas de Prácticas clínicas e ao 50% das horas correspondentes á metodoloxía Obradoiro (salvo ausencia debidamente xustificada), e entregando todos os traballos solicitados (Estudo de casos, Portafolios e Recensión bibliográfica). Ademais, deberá acadar unha nota global mínima de 5 puntos, e ter superadas, como mínimo, as metodoloxías de Prácticas clínicas e Estudo de casos. Para iso, será necesario ter unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 6) na metodoloxía Prácticas clínicas e unha cualificación mínima de 1 punto (sobre 2) na metodoloxía Estudo de casos. En caso contrario, non se sumarán nin serán tidas en conta as notas das restantes metodoloxías (Portafolios e Recensión bibliográfica), e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na(s) metodoloxía(s) suspensa(s).

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro) pola ausencia non xustificada ou o suspenso das Prácticas clínicas, non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017).

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro) pola falta de entrega ou o suspenso dos traballos correspondentes ás metodoloxías Estudo de casos, Portafolios e/ou Recensión bibliográfica, a/o estudante terá que repetir a entrega do(s) traballo(s) suspenso(s) ou non presentado(s) na segunda oportunidade (xullo).

Segundo a Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello Social do 4 de maio de 2017), cando un(ha) estudante da materia teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá dereito a elixir de maneira preferente quendas e grupos de prácticas, entre os distintos horarios e rotatorios que se oferten na materia.

O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia, na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á oportunidade extraordinaria.

Asemade, o docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes