Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas IV
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo estratéxico 9 do" I Plan de Sostenibilidade Medio-ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- O profesor responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.

3.- Para a correcta planificación das Estancias Prácticas, se realizan, de forma previa ó comezo da materia (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica:

- Establecemento de grupos de prácticas e elaboración de rotatorios: Reunión da coordinadora da materia cos alumnos matriculados para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes.

- Coordinación de la docencia: Encontro entre a coordinadora da materia e os profesores e titores terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas.

4.- Normas mínimas:

Os alumnos deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respeto ós usuarios, profesionais e instalacións do recurso de prácticas.

Ademais, deberanse respetar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes