Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas IV
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia/653G01207
Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional/653G01208
Estancias Prácticas II/653G01210
Estancias Prácticas III/653G01211

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física/653G01302
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física/653G01303

Materias que continúan o temario
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no adulto con Disfunción na Saúde Mental/653G01306
Estancias Prácticas V/653G01307

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

2.- O docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao alumnado matriculado coa suficiente antelación.

3.- Para a correcta planificación das Estadías Prácticas, realizaranse, segundo o calendario oficial da Facultade, varias reunións de coordinación académica:

  • Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e distribución de quendas e rotatorios. Reunión do coordinador da materia co alumnado matriculado para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes.
  • Coordinación das estancias prácticas: Encontro entre o coordinador da materia e as/os docentes e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, de forma previa ao seu comezo e de forma posterior.

4.- Normas mínimas: O estudantado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ás persoas usuarias, profesionais e instalacións dos recursos de prácticas. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas.

5.- O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente cualificación de suspenso '0' na materia, na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á oportunidade extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes