Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Xeriatría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A1 A1 A2 A3 B2 B3 C2 A asistencia ás clases maxistrais é obrigatoria. Para superar este apartado o/a alumno/a deberá acudir a un mínimo do 75% 4
Estudo de casos A3 A4 A5 A7 A9 A10 A10 A11 B1 C7 C3 Nas clases de grupos reducidos os/as alumnos/as recibirán formación sobre o enchemento dos diferentes instrumentos de avaliación utilizados en Xeriatría. Os/as alumnos/as deberán analizar un caso, proceder á súa valoración e propoñer unha estratexia de intervención entregando o traballo realizado nas datas establecidas. 5
Traballos tutelados A5 A6 A7 A8 A9 B5 B6 B7 C5 C4 C4 C3 C2 C1 C8 C8 C6 C6 C5 De revisión bibliográfica sobre un aspecto da xeriatría. Este traballo poderase facer de xeito conxunto co referido ao estudo de casos. 15
Saídas de campo A6 A11 A1 A2 A4 B4 B5 B6 B7 B1 B2 B4 B7 C4 C3 Visita a centro xerontolóxico de asistencia obrigatoria. O alumno deberá facer unha breve memoria da súa experiencia na visita. 1
Proba de resposta múltiple A8 A20 A25 A26 A29 B1 B2 B3 B9 B12 B13 B23 B24 B28 C1 C7 Realizado nas datas establecidas no calendario oficial de exames ; a proba tipo test, constará de corenta preguntas con catro respostas posibles, das cales soamente unha será correcta. As preguntas mal contestadas restarán 0,33 puntos sobre as correctas, non restando as non contestadas. Para superar o exame o alumno deberá obter unha puntuación final do 65% (= o >26) do total, unha vez restados os puntos das falladas. Ex; 30 ben, 4 mal e 6 non contestadas. A puntuación final será 30-(4*0,33)=28,68>26 (Superado). 75
 
Observacións avaliación
A cualificación final da materia farase de acordo aos seguintes criterios: 1) Avaliación final, realizada de acordo ao calendario oficial de exames, mediante exame que contribuirá ao 75% da cualificación final. Dita avaliación consistirá nun exame tipo test, que constará de corenta preguntas con catro respostas cada unha das cales unicamente unha será correcta. As preguntas mal contestadas restarán 0,33 puntos sobre as correctas, non restando as non contestadas. Para superar o exame o alumno deberá obter unha puntuación final do 65% do total unha vez restados os puntos das falladas. Ej; 30 ben, 4 mal e 6 non contestadas. A puntuación final será 30-4*0,33=28,68>26 (Superado). Sendo a táboa de equivalencias unha vez obtida a puntuación final a seguinte: Puntuación 0-5 (0-0,8); 6-10 (1-1,8); 11-15 (2-2,8); 16-20 (3-3,8); 21-26 (4-5); 27-30 (5,4-6,4); 31-35 (6,7-8,1); 36 (8,5); 37 (8,8); 38 (9,2); 39 (9,6); 40 (10). 2) O resto das actividades computarán o 25% da cualificación final do seguinte xeito: Asistencia a clases presenciais (4%). Visita a un Centro Sociosanitario (1%). Estudo de casos (Actividades Grupais) ata un 5%. Traballo de revisión bibliográfica (Tutelado) ata o 15 % da cualificación final. O alumno poderá obter positivos por participación en actividades organizadas ou recomendadas polo Profesor Responsable da materia (sesións científicas, congresos, proxectos de investigación, ...). A puntuación outorgada será a criterio do profesor responsable. Para superar a materia haberá que superar cada unha das partes sometidas a avaliación. de tal xeito que aínda que a un alumno a suma das actividades realizadas máis a cualificación do exame superen o 5, o seu puntuación, caso de non superar algunha das partes será a referida á parte con máis cualificación das suspendidas. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable. IMPORTANTE TRABALLOS TUTELADOS: - Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. - Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. - No caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Máster cursado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes