Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Salud
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a autonomía persoal en persoas maiores
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Terapia Ocupacional para a autonomía persoal en persoas maiores Código 653G01310
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Ávila Álvarez, Adriana Ivette
Correo electrónico
adriana.avila.alvarez@udc.es
Profesorado
Ávila Álvarez, Adriana Ivette
Dacuña Vázquez, Inés
Correo electrónico
adriana.avila.alvarez@udc.es
ines.vazquez3@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo achegar ao alumnado ao proceso de intervención de Terapia Ocupacional nas persoas maiores, proporcionando para iso os principios teóricos e filosóficos que sosteñen e fundamentan a práctica profesional da/o terapeuta ocupacional neste ámbito. Descritor: Fundamentos da promoción da autonomía persoal e valoración da dependencia nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou produtos de apoio. Análise da ocupación en Terapia Ocupacional e a súa utilización terapéutica. Terapia Ocupacional para a integración das persoas maiores. Aplicación da actividade ocupacional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Estudo de casos - Sesión maxistral (non se computará na avaliación ante un escenario de non presencialidade, realizaríase mediante a plataforma Teams) *Metodoloxías docentes que se modifican - Suprímese: Prácticas de laboratorio, Proba mixta e Aprendizaxe Servizo. - Engadiríase a metodoloxía Traballo Tutelado con atención personalizada. - Presentación oral no lugar de proba mixta 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Para levar a cabo as metodoloxías docentes e realizar un seguimento individualizado non presencial do alumnado, propoñeríanse as seguintes plataformas: - Teams: Realizaríase unha sesión virtual na franxa horaria na que o calendario académico fixa a “Sesión Maxistral”. Así mesmo, para a atención dos grupos, realizaríase dúas - Empregarase para realizar titorías virtuais individualizadas co alumnado. Será preciso que o/a alumno/a interesado realice unha petición previa por correo electrónico ás docentes da materia. - Moodle: nesta plataforma o alumnado dispoñerá de material audiovisual e documentación empregado na materia. Cada semana actualizarase este material seguindo a organización da materia. Empregarase principalmente a ferramenta “Mensaxes” para poder realizar unha comunicación o máis indivdiualizada posible co alumnado interesado. Tamén se empregarán os foros virtuais para facer comunicados xerais sobre a materia a todo o alumnado así como para a resolución de dúbidas. - Correo electrónico: empregarase para informar ao alumnado sobre as adaptacións realizadas para facer o proceso de avaliación da segunda convocatoria en modalidade non presencial. Os/as estudantes empregarán o correo electrónico para comunicarse coas docentes e poder resolver calquera dúbida relacionada coa segunda oportunidade e a súa avaliación. 4. Modificacións na avaliación - Estudo de casos (45%). Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas, así como a integración e a aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñecementos adquiridos. - Traballo Tutelado (55%). Valorarase a integración e a aplicación dos conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñecementos adquiridos. - Presentación oral *Observacións de avaliación: - Obter un mínimo dun 50% en cada unha das metodoloxía esixidas. - Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. - A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. - As persoas interesadas poderan poñerse en contacto por correo electrónico coas docentes da materia para resolver calquera dúbida respecto as metodoloxías plantexadas ou sobre a avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. A documentación facilitarase mediante a plataforma Moodle e as lecturas necesarias serán dixitalizadas para facilitar que o alumnado teña acceso a ditos recursos. Empregaranse diversas fontes bibliográficas así como as plataformas da Biblioteca da Universidade da Coruña.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes