Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Work Placement VI
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo estratéxico 9 do" I Plan de Sostenibilidade Medio-ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- O profesor responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. 3.-Para a correcta planificación das Estancias Prácticas, se realizan, de forma previa ó comezo da materia (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica: - Establecemento de grupos de prácticas e elaboración de rotatorios: Reunión da coordinadora da materia cos alumnos matriculados para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes. - Coordinación de la docencia: Encontro entre a coordinadora da materia e os profesores e titores terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas. Normas mínimas: Os alumnos deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respeto ós usuarios, profesionais e instalacións do recurso de prácticas. Ademais, deberanse respetar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes