Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas VII
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía onde a persoa se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
Portafolios do alumno É un cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo/a profesor/a, o que lle permite visualizar o progreso do/a estudante. O portafolios ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno ou alumna, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do/a estudante realizado polo/a profesor/a, etc.
Permite adquirir as competencias xenéricas e específicas reverenciadas desta materia.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do/a autor/a da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Información sobre os centros de prácticas, organización dos rotatorios, distribución do alumando en función do seu propio eido de prácticas de preferencia: infancia e adolescencia; adultos I (rehabilitación física e neurolóxica); adultos II (saúde mental); persoas maiores; comunidade.
Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que os/as estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
As prácticas clínicas/comunitarias de longa duración serán realizadas en todos aqueles centros conveniados coa Facultade de Ciencias da Saúde que teñan relación con calquera dos eidos de actuación da/o profesional de Terapia Ocupacional.
A asistencia ás prácticas clínicas/comunitarias é obrigatoria. No caso de que o/a alumno/a non poida acudir puntualmente algún día, segundo o calendario de prácticas establecido, deberá comunicalo tanto ó centro conveniado como a persoa responsable da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes