Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Educación para a saúde: psicoloxía da saúde e cuidados básicos
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recomendacións para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 

2.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da  sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais 

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


ADAPTACIÓN DE  PRESENCIALIDAD Á SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA:

Todas as actividades presenciais, realizaranse con asentos  preasignados, máscara e ventilación. Non estará permitido o consumo de alimentos e bebidas, asegurando que se cumpran as medidas de prevención e hixiene da Facultade, establecidas e publicadas en:  https:// udc.es/é/ fep/coronavirus/

No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a superar as indicacións do aforo da aula, estableceranse grupos  rotatorios de docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, segundo planificación establecida polo docente da materia.

 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes