Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Introdución ao Dereito
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Obxectivos da materia A materia ten como finalidade proporcionarlle ao alumno uns coñecementos que lle deberán servir de base para o estudo doutras materias de contido xurídico que se imparten na titulación. Preténdese que o alumno tome contacto coa realidade xurídica a través do coñecemento de institucións básicas do Dereito Civil, Constitucional, Administrativo, Mercantil e Fiscal. Ao ter o Dereito Civil un carácter supletorio respecto de calquera outras ramas do ordenamento xurídico, afondarase no estudo das institucións básicas, principalmente no Dereito Civil Patrimonial. É quizais o léxico xurídico o que dificulta a aprendizaxe na primeira toma de contacto co Dereito. Na maioría dos casos, os alumnos que inician o estudo da carreira non teñen costume de ler ou interpretar textos xurídicos, trátase pois de facilitar ese traballo, de tal maneira que se lle axuda ao alumno a coñecer e manexar con soltura o léxico xurídico, o que, como queda dito, lle vai proporcionar unha enorme axuda no estudo doutras materias da carreira. Para tal efecto, as clases prácticas desenvolvidas ao longo de todo o curso terán un carácter esencial. Nelas, o alumno tomará contacto coa realidade xurídica máis actual, a través do estudo e do comentario de resolucións xudiciais, e normas de calquera tipo; para iso será imprescindible a aprendizaxe e manexo das fontes. A1
A4
A10
A13
A14
A15
A31
A32
A33
A35
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B12
B13
B14
B15
B16
C1
C3
C4
C6
C7
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes