Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Introdución á Economía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Dado que o alumno está cursando unha materia básica cunha importante aplicación práctica, o alumno debe ter o suficiente como para ter adquirido unhas destrezas prácticas que lle permitan exponer, transmitir e defender oralmente os efectos derivados do proceso de enxino-aprendizaxe. Nas sesións presenciais terá a posibilidade de facer exposición tanto dos apartados dos contidos teóricos da materia, como das prácticas propostas. Tamén poderá acada-la suficiencia dos obradoiros meirante a súa defensa nas titorías personalizadas.
Obradoiro Se realizarán prácticas en cada tema. Dentro dos métodos existentes para facer prácticas dos contidos teóricos estudados utilizaremos o de probas de ensaio ou resposta libre. A aplicación deste método implica a formulación dunha ou varias cuestións, que el alumno deberá desenvolver. O profesor utilizará como principios do procedimiento de corrección: -A precisión na resposta, - A utilización de representacións gráficas como medio de expresión dos razonamentos, -A identificación dos conceptos e relacións relevantes. - Xerarquizar a súa importancia. , o alumno debe ter traballado o suficiente como para ter adquirido unhas destrezas prácticas que lle permitan exponer, trasmitir e defender os efectos derivados do proceso de ensino-aprendizaxe.
Proba obxectiva Nas datas aprobadas en Xunta de Centro se levará a cabo una proba obxectiva na que o alumno terá que responder ás preguntas dun cuestionario teórico-práctico (test de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto) ou preguntas de resposta aberta (breve explicación, resumo, representación e interpretación de gráficas, resolución de problemas, etc..) ou de ambos tipos.
Sesión maxistral É a información ou desenvolvemento de contidos que incide sobre o nivel de coñecementos do alumno e que serven de punto de partida para a consolidación das aprendizaxes. A lección maxistral consiste na exposición oral e sistematizada por parte do profesor, có fin de transmitir certos coñecementos ao alumno. É un recurso didáctico que permite ao profesor transmitir con precisión os conceptos mais importantes da materia, e deberá polo xeral, reflectir coñecementos que lles sería difícil de atopar aos alumnos por outros meios. A lección maxistral servirá fundamentalmente para transmi-los contidos do programa dunha forma sistematizada e respetando unha orde expositiva que teña en conta os aspectos seguintes: - Exposición dun marco global inicial que permita centra-lo tema. – Análise dos aspectos principais que integran o tema. –Sintese integradora do exposto. – Fixación breve e sinóptica do tema. Nos temas prácticos é empregada principalmente cando ao inicio os contidos requiren dunha presentación global. En émbolos dous casos, o seu obxetivo é presentar e desenvove-los contidos con rigor científico e claridade expositiva. A eficacia da exposición depende, nun alto grao, do estilo do profesor e do correcto emprego dos distintos recursos instrumentais.
Traballos tutelados O alumno poderá realizar un traballo en un grupo para profundizar nalgún tema da asignatura, ou ben calquera outro traballo que tendo relación cos contidos da asignatura queira presentar. O alumno cando decida o traballo tutelado a realizar deberá comunicarllo ao profesor, obter o seu visto bo e seguir o plan de tutorias que se estableza. Os traballos deberán ser entregados e defendidos con anterioridad a que finalice o cuatrimestre no que se imparte a asignatura, e nunca máis tarde de dez días antes da fecha do exame da convocatoria ordinaria. Nas restantes convocatorias se entregarán, como máximo, na data fixada para a realización do examen, establecéndose entonces a data de súa exposición e defensa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes